Gallego

Pictosonidos

 

Pictosonidos” forma parte dunha serie de aplicacións artelladas co fin de axudar a persoas con necesidades educativas

A través dos pictogramas, con sons e locucións asociadas, axúdase á comprensión de conceptos e a incrementar o vocabulario de persoas con necesidades educativas que aprenden máis fácilmente a través de imaxes, usando a posteriori ditos pictogramas como sistema alternativo de comunicación.

 

 

 

 

 

 

Gallego
Pictosonidos

Cursos de verán 2013

Summary: 

Cursos de verán organizados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2013, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:
 
 http://www.ite.educacion.es/es/inicio/noticias-de-interes/1036-cursos-de-verano-2013

cursos veran intef
cursos veran intef

Vídeo "Mostra do Ensino 2012"

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Gallego

Coincidindo coa Mostra do  Ensino Galicia 2012, tivo  lugar o congreso  Formación  e  competencias na nova  sociedade, dirixido ao  profesorado e aos  profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.

No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.

 

 

video mostra

Vídeo da Conferencia de Tonucci: "O alumnado competente para a vida"

Summary: 

A conferencia celebrouse no edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, o pasado 7 de maio de 2013.
O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, introduciu a intervención.
Gallego

Francesco Tonucci é un dos persoeiros máis destacados no mundo da pedagoxía e da investigación sobre a educación. É investigador do instituto de Psicoloxía do Consello Nacional de Investigacións de Roma desde 1966. Dedicou case toda a súa vida profesional ao estudio do desenvolvemento cognitivo dos nenos, do seu pensamento, do comportamento infantil no ámbito familiar, escolar e cidadán, á relación que existe entre o desenrolo cognitivo e os métodos educativos, e á relación entre os nenos e a televisión.

 

 

video tonucci

Conferencia de Francesco Tonucci: "O alumnado competente para a vida"

Summary: 

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.gal/fprofe
Gallego

Francesco Tonucci dará unha conferencia na Cidade da Cultura a tarde do vindeiro martes 7 de maio.

O recoñecido mestre, pedagogo e investigador compartirá cos profesionais da educación galega o seu traballo sobre as competencias reais, para a vida, que o alumnado precisa.

O encontro terá lugar ás 19:00 horas no auditorio 177 do CINC (Centro de Innovación Cultural).

As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.es/fprofe

 

tonucci
tonucci

Ars Virtual

 

Ars VIRTUAL é un programa desenvolto pola Fundación Telefónica na que podemos coñecer varios monumentos de España, América Latina e Marrocos mediante visitas virtuais desenvolvidas mediante técnicas 3D.
Podemos navegar pola web mediante o menú ou cun mapa do patrimonio onde podemos ver a situación dos monumentos. Os lugares españois están clasificados en reales sitios (Granxa de San Ildefonso, Mosteiro do Escorial, Palacio de Aranjuez, etc.), templos (catedrais de León, Burgos, Sagrada Familia, Toledo e as tres culturas), patrimonio natural (As Médulas e o Parque Natural de Cabárceno) e outros monumentos (conxunto románico do Vall de Boí, Alhambra de Granada e Atapuerca). En Marrocos e América Latina de momento hai poucas visitas.
 
Unha vez elixido o monumento ábrese unha nova ventá do navegador na que temos acceso ás distintas seccións da visita. Dependen do monumento elixido, pero na maioría podemos ver unha reseña histórica, explicación das características do monumento e imaxes panorámicas dos aspectos máis representativos.
Interesante pola labor de dixitalización e conservación do noso patrimonio.
 
Gallego
ArsVirtual

Easy Notecards

Easy Notecards permítenos crear e compartir fichas de estudo. O manexo é moi sinxelo. Unha vez creada a conta pulsamos no botón "create notecards" e xa podemos cubrir un formulario dividido en dúas zonas:
1. Unha cabeceira onde poñemos o título e descrición do conxunto de fichas e, se imos resumir un libro, tamén podemos poñer o ISBN e o capítulo. Tamén se pode especificar o nivel educativo ao que están destinadas as fichas.
2. Para cada ficha cóbrense dúas casillas. Na esquerda escríbese o título e na dereita o resume dos datos. No título tamén se pode poñer unha imaxe.
Bótase de menos a existencia dun gadget que permita colocar as fichas no blog e a posibilidade de poñer vínculos. Tamén sería interesante compartir a edición das fichas.
O programa da a posibilidade de crear un test partindo das fichas. Só hai que pulsar no botón "take quiz" cando estamos vendo as fichas.
Gallego
baner easy

SpiderScribe

SpiderScribe é unha ferramenta que nos permite crear mapas mentais nos que se inclúen textos, imaxes, arquivos adxuntos e mapas.
Para crear un elemento basta arrastrar a icona do tipo desexado dende a parte esquerda. Para conectar dous nodos hai que trazar unha liña dende o centro da parte inferior do pai ata o fillo.
Pódese invitar a outras persoas a ver e modificar o mapa. Tamén se poden publicar na web.
A ferramenta é moi fácil de usar. É intuitiva e razoablemente rápida. Ideal para utilizar nas aulas.

Gallego
SpiderScribe

I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

Summary: 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria. Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).
Gallego

 

Os días 12 e 13 de abril de 2013, celebraranse os I Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria.

Desenvolveranse no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela).

Será un espazo onde compartir experiencias, facer visible boas prácticas de aula e motivar ao profesorado destas etapas educativas, que por primeira vez se verán xuntas nun mesmo espazo.

Os obxectivos principais desta actividade formativa son:

1. Facilitar a continuidade curricular e unificar as propostas metodolóxicas.

2. Reflexionar sobre a atención á diversidade nas aulas de educación infantil e primaria.

3. Propiciar o intercambio de experiencias innovadoras e de recursos didácticos entre o profesorado.

encontros infantil e primaria

V1201093: Curso de iniciación á lingua de signos española

Summary: 

No vindeiro día 4 de abril e ata o 6 de xuño, impartirase no CEIP Escultor Acuña, de Vigo, o Curso de iniciación á lingua de signos española.
Gallego

No vindeiro día 4 de abril e ata o 6 de xuño, impartirase no CEIP Escultor Acuña, de Vigo, o Curso de iniciación á lingua de signos española.

Data: 

04/04/2013 - 06/06/2013

Sección: 

Áreas-CAFI: