Gallego

G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

Summary: 

Poeta na terra, na guerra e no exilio.
Gallego

Florencio Delgado Gurriarán é o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Como ben di Xesús Alonso Montero, FDG é un poeta extraordinariamente interesante cunha musa moi plural porque foi poeta "matriótico, con eme". O matriótico non é o que canta á patria, Galicia, senón á súa matria, a comarca natal. E hai moi poucos poetas matrióticos, da fondura e a emoción pola terra, os seus viños, as xentes e os aconteceres de Valdeorras. E el foino. Todo iso quedou reflectido nas súas obras:

  •  Bebedeira, de 1934.
  • Galicia infinda, de 1963.
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), de 1981 e
  • O soño do guieiro, de 1986.

Da man de Ricardo Gurriarán percorreremos os principais espazos vitais e literarios de FDG. O percorrido divídese en dúas partes:

- Pola mañá coñeceremos os arredores de Córgomo: o "porto do riu", a igrexa románica de San Xulián de Portela,  a casa natal ou casa da cruz, a casa vivencial no bario do Poulo, a súa vinculación con Leopoldo Quiroga, Antonio Aras Prada "Clavel", Elías López Delgado, José Luis Delgado Núñez, a caldeira cantada por Florencio, a Asociación La Unión, as Covachas, a viña Pedra da Auga, a igrexa de Santa Marta ou o cemiterio no que está soterrado.

- Pola tarde desprazarémonos ao Barco de Baldeorras no que visitaremos a casa do Río Cigüeño e a súa vinculación con Abdón Segundo García, a estación do tren e o exilio de Castelao e Bóveda, a igrexa de San mauro, a Praza Maior onde tiñan o seu comercio, onde traballou como pasante, onde a Irmandade Galeguista se reunía e onde se estableceron as misións pedagóxicas para rematar no río Sil.

Lugar de realización: Córgomo e O Barco de Valdeorras.

Data: 23 de abril de 2022

Código en fprofe: G2103017

 

FDG
G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

G2102006_Xornadas de formación especializada para equipos directivos de colexios rurais agrupados

Summary: 

Formación continua que se leva a cabo entre os meses de maio e xuño para as persoas que exercen na actualidade un cargo directivo nun CRA da nosa comunidade autónoma e que están interesadas en mellorar ou afondar nas súas competencias profesionais necesarias para un mellor exercicio das súas funcións directivas.
Gallego

G2102006_Xornadas de formación especializada para equipos directivos de colexios rurais agrupados (CRA)

Prazo de inscrición aberto ata o 20 de abril en Fprofe.

Está previsto que se desenvolvan 5 sesións de 3 horas de duración en xornada de tarde mediante videoconferencia.

Imaxe do curso

G2102019_Xornadas de formación especializada para equipos directivos de centros de educación especial

Summary: 

Formación continua que se leva a cabo entre os meses de maio e xuño para as persoas que exercen na actualidade un cargo directivo nun CEE da nosa comunidade autónoma e que están interesadas en mellorar ou afondar nas súas competencias profesionais necesarias para un mellor exercicio das súas funcións directivas.
Gallego

G2102019_Xornadas de formación especializada para equipos directivos de centros de educación especial

Prazo de inscrición aberto ata o 20 de abril en Fprofe.

Está previsto que se desenvolvan 5 sesións de 3 horas de duración en xornada de tarde mediante videoconferencia.

Imaxe do curso

G2101140 - Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores

Summary: 

Formación na rede de 25 horas de duración cunha visión sobre os espazos europeos innovadores.
Gallego

Este curso foi deseñado principalmente para se impartir dentro do proxecto Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (Design FILS), financiado polo programa Erasmus+ KA2 (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) da Unión Europea. 

O seu obxectivo é formar o persoal educador de tal maneira que teña en conta os aspectos fundamentais relativos á transformación dos espazos de ensino e aprendizaxe e os cambios pedagóxicos e metodolóxicos inevitablemente asociados á devandita transformación.

A base teórica e metodolóxica do curso constitúea o documento titulado Marco metodolóxico para a formación en aulas innovadoras, que se inspira en revisións recentes da bibliografía sobre a materia en que se analiza como crear e adaptar espazos de aprendizaxe co obxectivo de desenvolver metodoloxías didácticas innovadoras reforzadas pola tecnoloxía.

Obxectivos:

1.Comprender as características espaciais e integrar o espazo no ensino e na aprendizaxe.

2.Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa.

3.Poñer en valor a utilidade das ferramentas TIC na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe.

Contidos:

Módulo 1. Innovación nos espazos de aprendizaxe.

Módulo  2. Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (en adiante FILS).

Módulo  3. Aprendizaxe reforzada pola tecnoloxía en espazos FILS.

Módulo  4. Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos FILS.

Módulo 5. Aprendizaxe baseada en escenarios e establecemento de comunidades de práctica.

Modalidade:

Na rede.

Duración:

25 horas

Datas:

Do 25 de abril ao 7 de xuño

Observacións importantes:

O curso está completamente traducido á lingua galega,  a persoa participante pode atopar algún material de consulta (vídeo, web, etc) en lingua inglesa. A tarefa final (Escenario de Aprendizaxe) desenvolverase na plataforma  Novigado da European Schoolnet Academy. Esta plataforma facilitará a elaboración do produto dixital en inglés nuns sinxelos pasos. O escenario creado formarará parte dun gran repositorio europeo.

Aconsellamos posuir uns coñecementos básicos na lingua inglesa.

Información e inscrición en FProfe.

Páxina do proxecto Design FILS, podes seguir as publicacións nas nosas redes co #DESIGNFILS e nesta colección.

 

 

Espazos innovadores
Espazos innovadores

S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

Summary: 

Xornada formativa de 8 horas para traballar os e-téxtiles intelixentes.
Gallego

 

Forma de participación:

Presencial

Modalidade:

Xornadas

Número de horas:

8 horas

 

Horario:

  • Día 1: 20/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 1 (presencial): E-téxtiles e educación. Aprender a construír un circuíto e experimentar con novos materiais.

 

  • Día 2: 21/04/2022 de 16.30 a 20.30 horas.
    Sesión 2 (presencial): Explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles (IOT).

Relatora:

Paola Guimeráns

Localización:

Aula Nova CAFI

Téxtiles intelixentes
S2102046 Téxtiles intelixentes con LilyTiny

Cursos de ferramentas con prazas dispoñibles

Summary: 

Data límite de inscrición: 18 de abril.
Gallego

Os seguintes cursos de ferramentas para traballar na aula virtual teñen prazas dispoñibles: 

Teñen unha duración de 15 horas e realízanse na Aula Virtual do CAFI do 26 de abril ao 26 de maio de 2022.

Data límite de inscrición: luns, 18 de abril de 2022 a través de Fprofe

Cursos ferramentas
Cursos ferramentas

S2101125 Educación en igualdade nas relacións afectivo-sexuais

Summary: 

Esta formación darache a oportunidade de compartir propostas de acción para implementar na aula referidas a esta temática
Gallego

É un curso para afondar en cuestións teóricas sobre sexualidade e igualdade nas relacións afectivo-sexuais do alumnado, propicia a reflexión sobre estas temáticas no ámbito escolar e ademais inclúe  aproposta de accións para levar a cabo neste contexto.

Desenvolverase ao longo de 4 sesións presenciais de 3h de duración cada unha delas e unha parte non presencial de 8h. En total son 20 horas de formación. Datas: 27 de abril, 4,11 e 25 de maio (parte presencial).

Prazo para inscribirse: ata o 3 de marzo

 

 

 

 

Programa Educación en igualdade nas elacións afectivo-sexuais
S2101125 Educación en igualdade nas relacións afectivo sexuais

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Data: 

22/03/2022 - 31/07/2022

Áreas-CAFI: 

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do segundo e terceiro trimestre do curso 2021/22.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Segundo e terceiro trimestre

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento

Actividades formativas FP_2_3_trimestre
Actividades formativas FP_2_3_trimestre

S2101091 Getting the most out of our English class

Summary: 

Unha formación dinámica e innovadora para incorporar novas propostas na túa aula de inglés.
Gallego

Se queres darlle un novo enfoque as túas clases de inglés, neste curso procuraremos buscar novas propostas para actividades que motiven ao alumnado. Por unha banda, mediante a análise de recursos en liña, con vistas a incorporalos dende unha nova perspectiva nas nosas aulas.

Buscaremos exemplos de xogos e actividades que sirvan de inspiración para buscar outros métodos de creación propia, sen esquecer como avaliar as nosas propostas para seguir innovando e creando.

Incorporaremos técnicas de dramatización que poidan servir igualmente de inspiración para crear novos materiais e métodos de traballo co alumnado.

E como se estruturá este curso? Dun xeito dinámico, combinaranse sesións presenciais no CAFI, en Santiago de Compostela, con outras sesións mediante videoconferencia e coa realización dunha tarefa que poida compilar todas as novas destrezas aprendidas durante esta formación.

A inscrición está aberta en Fprofe ata o día 13 de marzo.

 

 

 

 

The most