G2101140 - Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores

Formación na rede de 25 horas de duración cunha visión sobre os espazos europeos innovadores.
Lun, 04/04/2022 - 19:33
Espazos innovadores
Espazos innovadores

Este curso foi deseñado principalmente para se impartir dentro do proxecto Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (Design FILS), financiado polo programa Erasmus+ KA2 (Cooperación para a innovación e o intercambio de boas prácticas) da Unión Europea. 

O seu obxectivo é formar o persoal educador de tal maneira que teña en conta os aspectos fundamentais relativos á transformación dos espazos de ensino e aprendizaxe e os cambios pedagóxicos e metodolóxicos inevitablemente asociados á devandita transformación.

A base teórica e metodolóxica do curso constitúea o documento titulado Marco metodolóxico para a formación en aulas innovadoras, que se inspira en revisións recentes da bibliografía sobre a materia en que se analiza como crear e adaptar espazos de aprendizaxe co obxectivo de desenvolver metodoloxías didácticas innovadoras reforzadas pola tecnoloxía.

Obxectivos:

1.Comprender as características espaciais e integrar o espazo no ensino e na aprendizaxe.

2.Coñecer e aplicar metodoloxías de aprendizaxe activa.

3.Poñer en valor a utilidade das ferramentas TIC na educación e integralas nos nosos sistemas de ensino e aprendizaxe.

Contidos:

Módulo 1. Innovación nos espazos de aprendizaxe.

Módulo  2. Deseño de futuros espazos de aprendizaxe innovadores (en adiante FILS).

Módulo  3. Aprendizaxe reforzada pola tecnoloxía en espazos FILS.

Módulo  4. Metodoloxías didácticas innovadoras en espazos FILS.

Módulo 5. Aprendizaxe baseada en escenarios e establecemento de comunidades de práctica.

Modalidade:

Na rede.

Duración:

25 horas

Datas:

Do 25 de abril ao 7 de xuño

Observacións importantes:

O curso está completamente traducido á lingua galega,  a persoa participante pode atopar algún material de consulta (vídeo, web, etc) en lingua inglesa. A tarefa final (Escenario de Aprendizaxe) desenvolverase na plataforma  Novigado da European Schoolnet Academy. Esta plataforma facilitará a elaboración do produto dixital en inglés nuns sinxelos pasos. O escenario creado formarará parte dun gran repositorio europeo.

Aconsellamos posuir uns coñecementos básicos na lingua inglesa.

Información e inscrición en FProfe.

Páxina do proxecto Design FILS, podes seguir as publicacións nas nosas redes co #DESIGNFILS e nesta colección.