Gallego

S2201081 Integración das novas tecnoloxías na docencia de linguas estranxeiras

Summary: 

Esta actividade de formación busca que o profesorado sexa quen de integrar as novas tecnoloxías na aula de linguas estranxeiras e aproveitar todo o seu potencial para axudar ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe.
Gallego

Esta actividade ten como obxectivos que o profesorado poida seleccionar, crear, modificar, protexer e difundir recursos dixitais para a docencia de linguas estranxeiras. Ao mesmo tempo búscase adquirir estratexias de avaliación, planificación e retroalimentación co fin de familiarizarse cos principios da aprendizaxe colaborativa e autorregulada de linguas estranxeiras. E, por último, quérese promover a accesibilidade e a inclusión na aula de lingua estranxeira a través da capacitación dixital e a personalización. Entre os contidos que se van desenvolver, podemos atopar os seguintes:

1. Mellora (substitución e aumento) e transformación (modificación e redefinición) dos recursos dixitais.

2.Ferramentas para mellorar a habilidade comunicativa.

3.Ferramentas institucionais.

4.Dixitalización do deseño e avaliación de unidades didácticas.

Esta actividade impartirase os días 19 e 26 de novembro co seguinte horario. O primeiro día, a sesión da mañá, de 10.00 a 14.00 e a sesión da tarde, de 16.00 a 20.00. O segundo día, a sesión da mañá,  de 10.00 a 14.00 e a sesión da tarde, 16.00 a 19.00.

 

 

Integración dixital

G2201089 O ensino semipresencial de linguas e mediación nas escolas oficiais de idiomas

Summary: 

Actividade para profesorado que desexe coñecer a modalidade semipresencial e ver todo o seu potencial para a aprendizaxe do alumnado.
Gallego

O curso desenvolverase no primeiro trimestre, en breve, engadiremos as datas e horarios desta actividade en Fprofe.

O curso está deseñado para coñecer e empregar distintos recursos e dispositivos, así como dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino semipresencial de idiomas. Tratarase de aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, aproveitando a aula virtual ao máximo, sen esquecer a retroalimentación como complemento activo no proceso de revisar, corrixir e avaliar as actividades lingüísticas.

Os contidos que se van impartir estrutúranse en relación con:

1 .A modalidade semipresencial no ensino de idiomas nas escolas oficiais: conceptos básicos.

2. Ferramentas para a aula: deseño de tarefas de comprensión de textos orais e escritos e de produción, coprodución e mediación oral e escrita.

3. Elementos dunha aula virtual para o ensino semipresencial nas EOI.

4.Titorización e avaliación: interacción, retroalimentación e aplicación das táboas de baremación analíticas e holísticas para as producións, coproducións e mediacións orais e escritas.

O profesorado que pode inscribirse nesta actividade pode pertencer tanto ao profesorado de EOI, como ser profesorado en ensino secundario que imparta linguas estranxeiras.

A distribución de datas e horarios das sesións é a seguinte:

Sesión 1 (presencial): 14 de outubro de 16:30 a 20:00
Sesión 2: Traballo individual non presencial: 18 outubro (1,5 horas)
Sesión 3: Videoconferencia: 22 de outubro de 09:30 a 13:00
Sesión 4: Videoconferencia: 4 de novembro de 16:30 a 20:00
Sesión 5: Traballo individual non presencial: 9 novembro (3 horas)
Sesión 6: Videoconferencia: 11 de novembro de 16:30 a 20:00
Sesión 7: Traballo individual non presencial: 14 novembro (3 horas)
Sesión 8 (presencial): 18 novembro de 16:30 a 20:00

Ensino semipresencial

G2203009 - Rutas matemáticas por Compostela

Summary: 

Rutas matemáticas por Compostela
Gallego

Que é un paseo “matemático”?, é necesario saber moito de matemáticas para poder seguir un percorrido polas rúas e prazas de Compostela?

Non é iso, senón que podamos engadir aos moitos atractivos que ten a cidade, a de atopar elementos e propiedades matemáticas onde menos se espera. Deste xeito comprenderemos a beleza que se pode xerar cun adecuado emprego de formas e propiedades xeométricas, e adestraremos a nosa mirada para captar as relacións matemáticas que ás veces se esconden nos obxectos máis inesperados.

Guiarannos por estes estupendos paseos matemáticos os profesores e profesoras:

  • Julio Rodríguez Taboada - CPI dous Dis - Rois (A Coruña)
  • José Mª Barca López - IES Laxeiro - Lalín (Pontevedra)
  • Maruxa Barca López - IES A Sangriña - A Guarda (Pontevedra)
  • Pilar García Agra - IES nº1 - Ordes (A Coruña)

Todos eles son profesores de matemáticas e membros da sección de Santiago da Asociación Galega de Profesores de Educación Matemática "AGAPEMA".

Antes de comezar os paseos matemáticos, tivemos unha pequena sesión na que se nos mostrou o obxectivo dos mesmos e os itinerarios para os diversos grupos, como podedes lembrar neste vídeo do momento.

  • Data: 19 de novembro de 2022
Rutas matemáticas por Compostela
Rutas matemáticas por Compostela

S2203005 - O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

Summary: 

A Compostela Modernista
Os petróglifos teenses
Gallego

En Galicia existe unha gran tradición na utilización didáctica do patrimonio. Desde hai tempo xurdiu a tendencia de achegar o pasado ao alumnado a través de visitas a edificios, xacementos, museos, etc. Actualmente, esta tendencia incrementouse e ademais aumentou o número de lugares  visitables (coa incorporación dos centros de interpretación, de exposicións ou de itinerarios históricos). Todo iso, coa intención de achegar e de facilitar a aprendizaxe da historia.

Nesta actividade queremos acercar parte do patrimonio  prehistórico (petróglifos de Teo) e o modernismo (a Compostela Modernista) para a súa aplicación didáctica na aula.

  • Datas de realización: 1 de outubro
  • Horario: de 15:00 a 24:00 H.
  • Código en  fprofe:  S2203005
  • Relatores: Eduardo Sánchez Novais, Luis Leclere Rodríguez e Pablo Sanmartín López
O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo
O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

G2203008 - Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba. Un zoolóxico de pedra no Paleozoico

Summary: 

Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba.
Un zoolóxico de pedra no Paleozoico
Gallego

Os Penedos de Pasarela e Traba é un enclave máxico e pouco usual no mundo. Xa eran ben coñecidos no 1835, cando o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España recoñeceunos como Formas Singulares. O xeólogo Guillermo Schulz tamén o pon en valor cando realiza o primeiro mapa xeolóxico galego e, non de é de estrañar, porque nos atopamos #ante unha xoia ao descuberto de granito rosado.

Isidro Parga Pondal, director do Laboratorio xeolóxico de Laxe, nos anos 60 noméao como granito tipo Traba ou Pindo. Os Penedos de Pasarela e Traba non só chamaron a atención do xeólogos senón que tamén foi inspiración para varios escritores como Eduardo Pombal, Evaristo Martelo Paumán, Ramón Otero Pedrayo ou Manolo Rivas. Todos eles foron seducidos por este asombroso lugar.

No ano 2009 os Penedos de Pasarela e Traba foron declarados como Paisaxe Protexida. Desta forma, conseguiuse cumprir o obxectivo de conservar o medio natural e manter o equilibro co desenvolvemento sostible da zona.

Os Penedos de Pasarela e Traba están formados por rocas plutónicas, é dicir, rocas que se formaron no interior da cortiza terrestre. Son o resultado do arrefriado do magma en ascensión ata a superficie da terra. O choque de dúas placas de terreo na zona produciu altas temperaturas fundindo os materiais ata convertelos en magma, que, pola súa baixa densidade, emerxeu cara ás partes superiores arrefriándose lentamente.

Nesta zona o magma arrefriou a 24 quilómetros de profundidade, producindo estas rocas intrusivas (Rocas Plutónicas). Para poder apreciar as pedras como as vemos hoxe día, tiveron que pasar entre 200 e 23 millóns de anos de erosión que eliminaron os 24 quilómetros de rocas e sedimentos que había ata elas. Algo realmente fascinante! A terra retirou os moldes para mostrarnos tan belas esculturas.

 

Queres saber máis? Ben!

  • Data: sábado 15 de outubro de 2022
  • Relatores: Juan Ramón Vidal Romaní e Miro Villar

 

 Un zoolóxico de pedra no Paleozoico
Roteiro xeolóxico polos Penedos de Pasarela e Traba.

S2203002 - A poesía na aula de educación secundaria e bacharelato

Summary: 

A poesía na aula de educación secundaria e bacharelato
Gallego

 

  • Data: 5 de novembro de 2022
  • Lugar: Aula 9 del CAFI
  • Relatores: Yolanda CastañoRaúl Vacas Polo

Moitos nenos prefiren os clásicos contos infantís pero a poesía tamén é unha excelente ferramenta para estimular a aprendizaxe, mellorar o vocabulario e fortalecer os vínculos afectivos. De feito, a poesía infantil é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo, á vez que potencia a adquisición de novos coñecementos e valores estéticos.

Púidose apreciar que, en comparación cos nenos que crecen escoitando só contos infantís, aqueles que gozan da poesía desenvolven mellores habilidades lingüísticas e cognitivas e teñen unha expresión corporal máis espontánea. Con todo, estas non son as únicas vantaxes da poesía para os nenos, hai moitas máis.

Por que é tan importante a poesía?

Moitos pais pensan que a poesía é simplemente unha forma de expresión máis bonita pero en realidade é moito máis que iso. A poesía tamén é estética, ritmo, creatividade, imaxinación e coñecemento. A poesía non só entretén aos nenos senón que estimula o seu desenvolvemento. Algunhas das vantaxes de lerlles poemas  aos nenos son:

  • Favorece o desenvolvemento da linguaxe.
  • Desenvolve novas habilidades comunicativas.
  • Enriquece a asimilación e o uso de novas palabras.
  • Permite apreciar a musicalidade e as imaxes da linguaxe con maior facilidade.
  • Favorece a comprensión de conceptos cada vez máis complexos que estimulan o desenvolvemento do pensamento e a linguaxe.
  • Estimula o gusto pola lectura, o que favorece a formación do hábito de ler.
  • Fortalece o vínculo afectivo do adolescente cos seus pais, á vez que lle axuda a expresar libremente as súas emocións.
  • Fomenta a creatividade, a imaxinación e a comprensión, o cal é moi importante á hora de resolver os conflitos.
  • Estimula a memoria auditiva e rítmica dos nenos, así como a memoria visual.
  • Promove a formación de valores estéticos xa que a poesía sempre é unha expresión da cultura e da sociedade.
  • Potencia a aprendizaxe artística a través do ritmo e a musicalidade.
  • Favorece a aprendizaxe significativa de novos coñecementos que axudan a formarse unha visión do mundo máis integradora.

 

A poesía na aula de educación secundaria e bacharelato
A poesía na aula de secundaria

S2203001 - A poesía na aula de educación infantil e primaria

Summary: 

Queres ter recursos para traballar a poesía co alumnado de primaria e infantil?
Gallego
  • Data: 5 de novembro de 2022
  • Lugar: Aula11 del CAFI
  • Relatores: Raúl Vacas Polo e Tamara Andrés

Moitos nenos prefiren os clásicos contos infantís pero a poesía tamén é unha excelente ferramenta para estimular a aprendizaxe, mellorar o vocabulario e fortalecer os vínculos afectivos. De feito, a poesía infantil é moito máis que un entretemento, é un recurso educativo que estimula o desenvolvemento emocional, cognitivo e comunicativo, á vez que potencia a adquisición de novos coñecementos e valores estéticos.

Púidose apreciar que, en comparación cos nenos que crecen escoitando só contos infantís, aqueles que gozan da poesía desenvolven mellores habilidades lingüísticas e cognitivas e teñen unha expresión corporal máis espontánea. Con todo, estas non son as únicas vantaxes da poesía para os nenos, hai moitas máis.

Por que é tan importante a poesía infantil?

Moitos pais pensan que a poesía é simplemente unha forma de expresión máis bonita pero en realidade é moito máis que iso. A poesía tamén é estética, ritmo, creatividade, imaxinación e coñecemento. A poesía non só entretén aos nenos senón que estimula o seu desenvolvemento. Algunhas das vantaxes de lerlles poemas  aos nenos son:

  • Favorece o desenvolvemento da linguaxe xa que adoita utilizar frases máis complexas e elaboradas que os contos.
  • Desenvolve novas habilidades comunicativas e potencia a expresión verbal, fundamentalmente a través das rimas.
  • Enriquece a asimilación e o uso de novas palabras que amplían considerablemente o vocabulario infantil.
  • Permite apreciar a musicalidade e as imaxes da linguaxe con maior facilidade.
  • Favorece a comprensión de conceptos cada vez máis complexos que estimulan o desenvolvemento do pensamento e a linguaxe.
  • Estimula o gusto pola lectura, o que favorece a formación do hábito de ler desde idades temperás.
  • Fortalece o vínculo afectivo do neno cos seus pais, á vez que lle axuda a expresar libremente as súas emocións.
  • Fomenta a creatividade, a imaxinación e a comprensión, o cal é moi importante á hora de resolver os conflitos que poden aparecer na etapa infantil.
  • Estimula a memoria auditiva e rítmica dos nenos, así como a memoria visual.
  • Promove a formación de valores estéticos xa que a poesía sempre é unha expresión da cultura e a sociedade na que o neno se debe inserir.
  • Potencia a aprendizaxe artística a través do ritmo e a musicalidade.
  • Favorece a aprendizaxe significativa de novos coñecementos que axudan a formarse unha visión do mundo máis integradora.
A poesía na aula de educación infantil e primaria
Recursos para traballar a poesía na aula

G2202012 - Didáctica do portugués no ensino secundario

Summary: 

Didáctica do portugués no ensino secundario
Actividade para o profesorado de portugués
Gallego

O Dándolle continuidade á actividade que desenvolvemos o curso pasado co profesorado de portugués, este ano desenvolveremos a actividade G2202012 - Didáctica do portugués no ensino secundario na que queremos avanzar na innovación e solidez didáctica do portugués como segunda lingua estranxeira, abordar as dificultades e solucións para o traballo de expresión, recepción e produción oral e escrita do alumnado e propoñer exemplos de boas prácticas para fomentar e facilitar a aprendizaxe do alumnado para o cal abordaremos os coñecementos contextuais das comunidades de lingua portuguesa, a produción e recepción escritas e orais.

 

  • Data: 5 de novembro de 2022
  • Lugar: Biblioteca do CAFI
  • Relator: Elías Feijó Torres
Didáctica do portugués no ensino secundario
Actividades para o profesorado de portugués

S2203010 - Spiele unterrichten

Summary: 

Spiele unterrichten
Actividades para o profesorado de alemán
Gallego

Comezamos este ano, en colaboración co Goethe Institut unha nova actividade formativa para o profesorado de alemán. 

Os estudantes, independentemente da súa idade, teñen unha cousa en común: teñen períodos de atención breves e non poden quedar sentados e estudar durante moito tempo. Apenas 30 minutos despois dunha charla teórica, é posible que os atopemos inquietos, mirando ao teito sen comprender ou facendo preguntas triviais. Para manter alto o interese dos estudantes e evitar os libros de texto imos achegar unha serie de xogos divertidos para a aula. Son versátiles, excelentes para a aprendizaxe en liña e fóra de liña, e non requiren moito esforzo para preparalos.
 

  • Data: 5 de novembro de 2022.
  • Lugar: Aula 10 do CAFI (Santiago de Compostela)
  • Relatora: Virginia Gil

Recordámosvos os obxectivos e contidos que buscamos nesta formación:

Obxectivos

  1. Coñecer o emprego de xogos significativos para mellorar a competencia lingüística.
  2. Probar formas de xogo para axudar na mediación lingüística.
  3. Aprender xogos que fomenten a convivencia e a creatividade na aula.

Contidos

  1. Preparación didáctica para a elaboración de xogos.
  2. Fomento da creatividade e transversalidade a través do xogo.
  3. Valores educativos do xogo: o xogo como concepto e práctica educativa.
Spiele unterrichten
Actividade para o profesorado de alemán

G2203004 Roteiro literario da Esmorga de Eduardo Blanco Amor

Summary: 

'A Esmorga' de Eduardo Blanco Amor
Gallego

Ourense é unha cidade fortemente literaturizada e moitos son os autores que fixeron dela o seu espazo literario. Entre eles, destaca Eduardo Blanco Amor, quen fixo que a cidade tomase vida en varias das súas obras, sendo especialmente lembrada A Esmorga. Esta novela innovadora, crónica de fortes tensións humanas marcada polo pesimismo, relata a esmorga dos seus tres protagonistas no Ourense da posguerra. Foi levada ao cinema en dúas ocasións, a última en 2014 da man de Ignacio Vilar.

O vindeiro sábado 1 de outubro de 2022, da man do profesor Afonso Monxardín poderás facer o mesmo percorrido que o Cibrán o Castizo, Xanciño o Bocas, e Aladio Milhomes realizaron aquela noite de emorga. Descubrirás onde se atopaba o mesón da Cristalina, a taberna da tía Esquilacha, o xardín dos Andrada, a casa da Nonó, o mesón do Roxo... ben, case todo xa que algunhas das localizacións, coma o Campo das Bestas, aínda non puido ser ben localizado.

A Esmorga
Eduardo Blanco Amor