Gallego

Cursos CALC

Summary: 

Cursos de actualización lingüística e comunicativa en idioma inglés na EOI de Santiago, sección do Sar e sección de Ribeira.
Gallego

Os Cursos de Actualización Lingüística e Comunicativa do Profesorado (CALC) están orientados ao desenvolvemento das destrezas orais e da competencia comunicativa nunha lingua estranxeira, co fin de que o profesorado participante consiga a capacidade expresiva necesaria para poder impartir as súas aulas baixo estas premisas. Por este motivo, os CALC están dirixidos, preferentemente, ao profesorado de centros plurilingües e seccións bilingües que debe dar a súa materia en lingua estranxeira, pero pode matricularse calquera profesor que desexe acreditarse para impartir áreas, materias ou módulos non lingüísticos nunha segunda lingua.

Estes cursos teñen como obxectivo a preparación do profesorado para a superación das probas de certificación das EEOOII, en inglés. As persoas asistentes recibirán un certificado polas 60  horas de formación recibidas, pero non a a acreditación de nivel lingüístico, para iso deben superar as probas oportunas.

Unha vez seleccionado, o profesorado deberá acreditar que posúe o nivel de competencia anterior para ser admitido no curso, de acordo co anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011, de acreditación de idiomas. O profesorado que conte con coñecementos previos pero non cunha certificación que o acredite, pode realizar unha proba de nivel previamente no CAFI ou CFR correspondente (pendente de confirmación da data), para a que deberá inscribirse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/fprofe.

O prazo de inscrición en Fprofe está aberto ata o día 30 de novembro.

 

cursos CALC

G2201073_Formación continua na dirección de centros educativos

Summary: 

Prazo de inscrición aberto ata o 6 de novembro incluído.
A implantación da nova normativa, a protección de datos, a prevención no consumo e as condutas aditivas así como a resolución práctica dos problemas diarios na xestión e organización dos centros, serán temas clave nesta formación.
Terá unha duración de 25 horas presenciais entre os meses de novembro 2022 a abril 2023.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pon en marcha unha nova edición da Formación continua na dirección de centros educativos, organizada dende a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos e levada a cabo a través do servizo de Servizo de programas de formación en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación permanente voluntaria adicada a persoas directoras e vicedirectoras en activo en centros públicos docentes que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade compaxinará 4 xornadas presencias en Santiago de Compostela en horario lectivo, mércores de 10h a 14:30h, con 3 xornadas por videoconferencia que serán levadas a cabo en horario de tarde.

Nas xornadas presencias en Santiago, a excepción da primeira, os participantes estarán divididos por niveis educativos; infantil/primaria e secundaria/outros.

PROGRAMA DA ACTIVIDADE.

23 de novembro, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h

  • Novidades LomLoe a ter en conta na vida diaria dos nosos centros. Gustavo Lorenzo Pozo, Inspección educativa.
  • Procedemento administrativo e Protección de datos. Miguél A. Hernándexz Montes, Inspección educativa.

14 de decembro, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 18.00h

  • Experiencia de centro. "Como planificar a implementación dun cambio normativo no noso centro". IES Illa de Ons.

8 de febreiro, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 19.00h

  • As competencias emocionais na xestión do equipo directivo.  Juan Vaello Orts, Licenciado en Psicoloxía.

15 de febreiro, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h

  • Unha carreira de obstáculos; a organización e xestión do centro. Isabel Serna Masiá, Licenciada en Psicoloxía.
  • Como a Oratoria pode axudarnos na xestión diaria do centro.  Alba Formoso Ramos, Licenciada en Psicoloxía.

8 de marzo, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h

  • Como afrontar as problemáticas diarias no centro. Casos prácticos. Manuel Guerra, Inspección educativa.
  • Onde está o meu equipo e como movernos cara adiante, o liderado na dirección. Maribel Reinoso Rey, Licenciada en Psicoloxía.

22 de marzo, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 18.00h

  • O modelo competencial docente.

19 de abril, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h

  • Prevención dende as aulas no consumo de drogas e outras sustancias.  Manuel Isorna Folgar, Doutor en Psicoloxía.
  • Condutas aditivas na infancia e adolescencia. Miriam Otero Requieijo, Licenciada en Psicoloxía e Mª Jesús García Blanco, Licenciada en Medicina.

INSCRICIÓN ATA O 6 DE NOVEMBRO (G2201073)

portada

Video: 

Presentación da actividade

Inscrición aberta para os cursos do itinerario de ensino semipresencial

Summary: 

Xa podes inscribirte nos cursos na Rede. Itinerario ofertado para todo o profesorado.
Gallego

O prazo de inscrición do primeiro curso ofertado dentro deste itinerario remata o vindeiro 8 de novembro, xa que comeza neste primeiro trimestre. O resto de cursos realizaranse no segundo e terceiro trimestres.

Ofértanse catro cursos dirixidos a todo o profesorado sobre aspectos clave no ensino semipresencial: a autonomía, o acompañamento, a plataforma e a avaliación da aprendizaxe.

Estes cursos na Rede teñen unha duración de 20 horas e realízanse a través da plataforma PLATEGA.

Cursos ensino semipresencial
Itinerario de cursos ensino semipresencial

G2202026 - Xornadas Olladas no pasado

Summary: 

Ramón Piñeiro e o seu tempo (1915 – 1990)
Gallego

Queres coñecer máis polo miúdo a figura de Ramón Piñeiro e o tempo que lle tocou vivir? Daquela debe interesarche esta actividade formativa que se desenvolverá durante 8 días.

  • Mércores 2 de novembro. Acto de inauguración. Valentín García Gómez. Anos 1920. Ramón Villares.
  • Xoves 3 de novembro. Anos 1930. Emilio Grandío Seoane.
  • Luns 7 de novembro. Anos 1940. Xosé Luís Pastoriza Rozas.
  • Venres 11 de novembro. Anos 1950. José Ramón Rodríguez Lago.
  • Luns 14 de novembro. Anos 1960. Miguel Barros Puente.
  • Martes 15 de novembro. Anos 1970. Daniel Lañero Táboas.
  • Mércores 23 de novembro. Anos 1980. Alba Díaz Geada.
  • Xoves 24 de novembro. Presentación do libro A Galicia do século XX. Justo Beramendi.

Lugar de celebración: Centro Ramón Piñeiro

Horario: de 19:00 a 21:00h

Xornadas Olladas no pasado
Ramón Piñeiro

G2203007 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes

Summary: 

O poeta saudosista de Portugal
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Amarante, Gatão, Travanca e Serra de Marão) con diversos puntos significativos  que están, dun xeito ou doutro, asociados á vida do escritor falecido hai 70 anos (casa natal e vivencial, escola, ponte sobre o río Támega, Café São Gonçalo, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro destacado da literatura portuguesa e pioneiro na renovación poética e na instauración do saudosismo.

Coñecer a figura de Teixeira de Pascoaes axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na literatura lusa.

Esta actividade realizarse o sábado 10 de decembro e acompañarano Stay to Talk – Instituto de Imersão Cultural.

.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Teixeira de Pascoaes
Teixeira de Pascoaes

G2203006 - Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio

Summary: 

O poeta do mar
Gallego

Neste itinerario propoñemos un paseo visitando catro localidades (Santiago de Compostela, Padrón, Asados e Rianxo) con diversos puntos significativos (casa natal e vivencial, cemiterio...) da vida e da obra deste persoeiro senlleiro da literatura galega e pioneiro na renovación poética e na dignificación de Galiza e da súa lingua.

Coñecer a figura de Manuel Antonio axudará os participantes a entender os acontecementos políticos, sociais e culturais do século XX, época de cambios significativos na nosa literatura.

Esta actividade realizarase o sábado 3 de decembro e acompañaranos o especialista en Manuel Antonio, Xosé Luís Axeitos.

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Manuel Antonio
Manuel Antonio

Formación para o desenvolvemento da función directiva

Summary: 

Hoxe 24 de outubro dá comezo a quinta edición da actividade de Formación para o desenvolvemento da función directiva.
Terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán entre os meses de outubro 2022 a marzo 2023.
Gallego

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pon en marcha unha nova edición da Formación para o desenvolvemento da función directiva, organizada dende a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos e levada a cabo a través do Servizo de programas de formación en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade contribuirá positivamente a que o profesorado galego adquira as competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos nosos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Dentro do módulo adicado ás accións de identidade onde os contidos modifícanse en cada edición adaptándose ás necesidades actuais, traballaranse nesta ocasión; O Plan dixital de centro e acreditación da competencia dixital docente, o modelo de competencias profesionais docentes e a xestión sustentable e eficiente dos centros educativos.

Formación para o desrenvolvemento da función directiva
Formación para o desrenvolvemento da función directiva

S2201071 Enfoque comunicativo e aprendizaxe integrada de linguas e contidos

Summary: 

Aprendizaxe de linguas e contidos.
Gallego

Teoría e propostas metodolóxicas axeitadas para desenvolver a competencia comunicativa a través de TIL e CLIL baseado na nova lexislación educativa.

Datas: 20, 27 de outubro. 3, 10, 17 de novembro e 1 de decembro.

Horario: 16:30 a 19:30 (3 de novembro 17:30 a 20:30)

Lugar: CAFI

Horas presenciais: 18 horas

Horas non presenciais: 4 horas (Farase unha actividade que haberá que entregar, dirixida por unha das relatoras do curso).

Prazo de inscrición ata o 25 de outubro.

Imaxe curso

Curso con prazas dispoñibles, Webs dinámicas: Moodle administración

Summary: 

Aínda podes inscribirte neste curso na Rede: G2201103 Webs dinámicas: Moodle(Administración)
Gallego

Aínda podes inscribirte neste curso na Rede: G2201103 Webs dinámicas: Moodle(Administración)

Obxectivos

1.Adquirir a competencia necesaria para a administración da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.

2.Adquirir a autonomía na configuración avanzada das funcionalidades da aula virtual para axustala ás necesidades do centro e do profesorado.

3.Fomentar o uso por parte do profesorado do centro das ferramentas da aula virtual e solucionar as dúbidas que se lles presenten. 

 

Contidos

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.

2.Aspecto e estrutura da aula virtual. Páxina principal. Categorías. Temas. Idiomas.

3.Xestión de usuarios e permisos.

4.Creación e xestión de cursos.

5.Xestión de participantes nos cursos.

6.Copias de seguridade.

7.Xestión dos módulos de actividade.

8.Configuración do sistema de cualificacións e do informe de cualificacións.

9.Configuracións para o envío de ficheiros.

10.Configuración para a limpeza da aula virtual.

11.Políticas de seguranza. Contrasinais.

Moodle Administración
Moodle Administración

Curso con prazas dispoñibles

Summary: 

Aínda podes inscribirte neste curso na Rede: G2201103 Webs dinámcas: Moodle(Administración).
Undefined

Aínda podes inscribirte neste curso na Rede: G2201103 Webs dinámicas: Moodle(Administración)

Obxectivos

1.Adquirir a competencia necesaria para a administración da aplicación Moodle do proxecto Webs Dinámicas da Consellería de Educación.

2.Adquirir a autonomía na configuración avanzada das funcionalidades da aula virtual para axustala ás necesidades do centro e do profesorado.

3.Fomentar o uso por parte do profesorado do centro das ferramentas da aula virtual e solucionar as dúbidas que se lles presenten. 

Contidos

1.O proxecto webs dinámicas: Moodle.

2.Aspecto e estrutura da aula virtual. Páxina principal. Categorías. Temas. Idiomas.

3.Xestión de usuarios e permisos.

4.Creación e xestión de cursos.

5.Xestión de participantes nos cursos.

6.Copias de seguridade.

7.Xestión dos módulos de actividade.

8.Configuración do sistema de cualificacións e do informe de cualificacións.

9.Configuracións para o envío de ficheiros.

10.Configuración para a limpeza da aula virtual.

11.Políticas de seguranza. Contrasinais.

Moodle Administración
Moodle Administración