Formación para o desenvolvemento da función directiva

Hoxe 24 de outubro dá comezo a quinta edición da actividade de Formación para o desenvolvemento da función directiva.
Terá unha duración de 150 horas que se desenvolverán entre os meses de outubro 2022 a marzo 2023.
Lun, 24/10/2022 - 13:34
Formación para o desrenvolvemento da función directiva
Formación para o desrenvolvemento da función directiva

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pon en marcha unha nova edición da Formación para o desenvolvemento da función directiva, organizada dende a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos e levada a cabo a través do Servizo de programas de formación en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación voluntaria que acreditará para o acceso a postos de dirección en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.

Esta actividade contribuirá positivamente a que o profesorado galego adquira as competencias xerais e específicas necesarias para o desempeño da dirección dun centro educativo. A formación conta cun módulo específico da nosa Comunidade autónoma, onde se traballan aspectos normativos e procedimentais sobre a organización e xestión dos nosos centros, a inclusión, a igualdade, a co-educación e a prevención da violencia de xénero, entre outros. Dentro do módulo adicado ás accións de identidade onde os contidos modifícanse en cada edición adaptándose ás necesidades actuais, traballaranse nesta ocasión; O Plan dixital de centro e acreditación da competencia dixital docente, o modelo de competencias profesionais docentes e a xestión sustentable e eficiente dos centros educativos.

Menús CAFI node R

 

Sección