G2201073_Formación continua na dirección de centros educativos
Presentación da actividade
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pon en marcha unha nova edición da Formación continua na dirección de centros educativos, organizada dende a Dirección xeral de Centros e Recursos Humanos e levada a cabo a través do servizo de Servizo de programas de formación en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). É unha actividade de formación permanente voluntaria adicada a persoas directoras e vicedirectoras en activo en centros públicos docentes que impartan as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación.
Esta actividade compaxinará 4 xornadas presencias en Santiago de Compostela en horario lectivo, mércores de 10h a 14:30h, con 3 xornadas por videoconferencia que serán levadas a cabo en horario de tarde.
Nas xornadas presencias en Santiago, a excepción da primeira, os participantes estarán divididos por niveis educativos; infantil/primaria e secundaria/outros.
PROGRAMA DA ACTIVIDADE.
23 de novembro, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h
- Novidades LomLoe a ter en conta na vida diaria dos nosos centros. Gustavo Lorenzo Pozo, Inspección educativa.
- Procedemento administrativo e Protección de datos. Miguél A. Hernándexz Montes, Inspección educativa.
14 de decembro, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 18.00h
- Experiencia de centro. "Como planificar a implementación dun cambio normativo no noso centro". IES Illa de Ons.
8 de febreiro, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 19.00h
- As competencias emocionais na xestión do equipo directivo. Juan Vaello Orts, Licenciado en Psicoloxía.
15 de febreiro, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h
- Unha carreira de obstáculos; a organización e xestión do centro. Isabel Serna Masiá, Licenciada en Psicoloxía.
- Como a Oratoria pode axudarnos na xestión diaria do centro. Alba Formoso Ramos, Licenciada en Psicoloxía.
8 de marzo, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h
- Como afrontar as problemáticas diarias no centro. Casos prácticos. Manuel Guerra, Inspección educativa.
- Onde está o meu equipo e como movernos cara adiante, o liderado na dirección. Maribel Reinoso Rey, Licenciada en Psicoloxía.
22 de marzo, mércores. Videoconferencia Cesco Webex, de 16:00h a 18.00h
- O modelo competencial docente.
19 de abril, mércores. EGAP, Santiago de Compostela, de 10:00h a 14.30h
- Prevención dende as aulas no consumo de drogas e outras sustancias. Manuel Isorna Folgar, Doutor en Psicoloxía.
- Condutas aditivas na infancia e adolescencia. Miriam Otero Requieijo, Licenciada en Psicoloxía e Mª Jesús García Blanco, Licenciada en Medicina.
INSCRICIÓN ATA O 6 DE NOVEMBRO (G2201073)