S2101091 Getting the most out of our English class

Unha formación dinámica e innovadora para incorporar novas propostas na túa aula de inglés.
Lun, 07/03/2022 - 19:30
The most

Se queres darlle un novo enfoque as túas clases de inglés, neste curso procuraremos buscar novas propostas para actividades que motiven ao alumnado. Por unha banda, mediante a análise de recursos en liña, con vistas a incorporalos dende unha nova perspectiva nas nosas aulas.

Buscaremos exemplos de xogos e actividades que sirvan de inspiración para buscar outros métodos de creación propia, sen esquecer como avaliar as nosas propostas para seguir innovando e creando.

Incorporaremos técnicas de dramatización que poidan servir igualmente de inspiración para crear novos materiais e métodos de traballo co alumnado.

E como se estruturá este curso? Dun xeito dinámico, combinaranse sesións presenciais no CAFI, en Santiago de Compostela, con outras sesións mediante videoconferencia e coa realización dunha tarefa que poida compilar todas as novas destrezas aprendidas durante esta formación.

A inscrición está aberta en Fprofe ata o día 13 de marzo.

 

 

 

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI