S2101091 Getting the most out of our English class [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 07/03/2022 - 19:30Se queres darlle un novo enfoque as túas clases de inglés, neste curso procuraremos buscar novas propostas para actividades que motiven ao alumnado. Por unha banda, mediante a análise de recursos en liña, con vistas a incorporalos dende unha nova perspectiva nas nosas aulas.
Buscaremos exemplos de xogos e actividades que sirvan de inspiración para buscar outros métodos de creación propia, sen esquecer como avaliar as nosas propostas para seguir innovando e creando.
Incorporaremos técnicas de dramatización que poidan servir igualmente de inspiración para crear novos materiais e métodos de traballo co alumnado.
E como se estruturá este curso? Dun xeito dinámico, combinaranse sesións presenciais no CAFI, en Santiago de Compostela, con outras sesións mediante videoconferencia e coa realización dunha tarefa que poida compilar todas as novas destrezas aprendidas durante esta formación.
A inscrición está aberta en Fprofe ata o día 13 de marzo.
