G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

Poeta na terra, na guerra e no exilio.
Xov, 07/04/2022 - 10:11
FDG
G2103017 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Florencio Delgado Gurriarán

Florencio Delgado Gurriarán é o autor ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Como ben di Xesús Alonso Montero, FDG é un poeta extraordinariamente interesante cunha musa moi plural porque foi poeta "matriótico, con eme". O matriótico non é o que canta á patria, Galicia, senón á súa matria, a comarca natal. E hai moi poucos poetas matrióticos, da fondura e a emoción pola terra, os seus viños, as xentes e os aconteceres de Valdeorras. E el foino. Todo iso quedou reflectido nas súas obras:

  •  Bebedeira, de 1934.
  • Galicia infinda, de 1963.
  • Cantarenas. Poemas (1934-1980), de 1981 e
  • O soño do guieiro, de 1986.

Da man de Ricardo Gurriarán percorreremos os principais espazos vitais e literarios de FDG. O percorrido divídese en dúas partes:

- Pola mañá coñeceremos os arredores de Córgomo: o "porto do riu", a igrexa románica de San Xulián de Portela,  a casa natal ou casa da cruz, a casa vivencial no bario do Poulo, a súa vinculación con Leopoldo Quiroga, Antonio Aras Prada "Clavel", Elías López Delgado, José Luis Delgado Núñez, a caldeira cantada por Florencio, a Asociación La Unión, as Covachas, a viña Pedra da Auga, a igrexa de Santa Marta ou o cemiterio no que está soterrado.

- Pola tarde desprazarémonos ao Barco de Baldeorras no que visitaremos a casa do Río Cigüeño e a súa vinculación con Abdón Segundo García, a estación do tren e o exilio de Castelao e Bóveda, a igrexa de San mauro, a Praza Maior onde tiñan o seu comercio, onde traballou como pasante, onde a Irmandade Galeguista se reunía e onde se estableceron as misións pedagóxicas para rematar no río Sil.

Lugar de realización: Córgomo e O Barco de Valdeorras.

Data: 23 de abril de 2022

Código en fprofe: G2103017

 

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI