Gallego

Inscrición aberta: Formación en Igualdade na Rede (Platega)

Summary: 

Prazas dispoñibles! Data límte de inscrición: 22 de febreiro de 2022.
Gallego

Data: 

01/02/2022 - 22/02/2022

Tema: 

Formación en Igualdade na Rede (Platega)

Summary: 

Prazas dispoñibles! Data límte de inscrición: 22 de febreiro de 2022.
Gallego
Igualdade_Platega_2

S2102037 Programación e impresión 3D con Blockscad

Summary: 

Curso presencial nas instalacións do CAFI
Impartido por: María del Carmen Núñez Faraldo. Para máis información consultar FPROFE.
Duración: 12 horas Datas: 10, 17, e 24 de febreiro e 3 de marzo de 17-20h.
Gallego

- Introducción ao modelado con Blosckscad.
- Funcións e secuencias con Blockscad.
- Variables, funcións con parámetros.
- Deseños básicos e avanzados.

Blockscad
Curso S2102037 Programación e impresión 3D con Blockscad

S2101120 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés C1

Summary: 

Este curso terá como obxectivo a mellora da competencia lingüística nas destrezas de comprensión, producción, co-producción e mediación orais e escritas.
Gallego

O curso levarase a cabo a través de videoconferencia os martes e xoves, de 17.30 a 19.30.

As sesións estarán adicadas á práctica da tipoloxía de tarefas das probas de certificación de nivel C1 nas EE.OO.II.

O alumnado que supere o nivel avanzado C1 poderá comunicarse case sen esforzo, dun xeito fluído e espontáneo nos ámbitos persoal e público, así como en actividades específicas nos campos académico e profesional. Comprenderá a información importante e os aspectos e detalles relevantes dunha ampla gama de textos orais, e tamén será capaz de entender opinións e actitudes tanto implícitas como explícitas. Comprenderá en detalle textos escritos, extensos e conceptualmente complexos, sempre que poida reler determinadas partes do texto; será quen de producir textos escritos ben estruturados e sobre temas de certa complexidade. Empregará, de maneira correcta, estruturas, mecanismos de cohesión e un léxico axeitado e variado para resaltar, sintetizar, ampliar e defender puntos de vista, que permitan rematar a produción cunha conclusión argumentada. O alumnado que acade este nivel disporá dun bo coñecemento da lingua e un repertorio de expresións idiomáticas que lle permitan apreciar, expresar e trasladar matices de significados.

English C1

S2101115 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Francés B2

Summary: 

Este curso, de acordo coas ensinanzas de nivel intermedio B2, ten por obxecto capacitar ao alumnado para vivir de maneira independente en lugares en que se utiliza o idioma; desenvolver relacións persoais e sociais, tanto cara a cara como a distancia a través de medios técnicos, con persoas usuarias da lingua inglesa; estudar nun ámbito educativo preterciario ou actuar coa debida eficacia nun ámbito ocupacional en situacións que requiran a cooperación e a negociación sobre asuntos de carácter habitual no dito ámbito.
Gallego

O curso levarase a cabo a través de videoconferencia os mércores, de 16.30 a 19.30.

O curso será un espazo onde se levarán a cabo actividades comprensión, (co)produción e mediación orais e escritas do nivel B2 que permitan desenvolver a competencia comunicativa do alumnado.

O papel activo do alumnado na aula é fundamental para poder acadar os obxectivos do curso. Por outra banda, se facilitarán estratexias que fomenten o desenvolvemento da autonomía do alumnado xa que este aspecto é esencial para mellorar a competencia lingüística no idioma e poder acadar os obxectivos do curso.

Francés B2

S2101061 Dinamización de proxectos educativos a través das redes sociais

Summary: 

Curso presencial para desenvolver un plan de dinamización e achegarse as publicacións en redes sociais nos centros educativos.
Gallego

Modalidade:

Curso presencial

Duración:

20 horas

Datas:

Do 15 ao 29 de marzo.

Horario:

De 16,30 a 20,30 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación

(Santiago de Composterla)

Sesións de traballo:

  • Sesión 1 - 15 de marzo (presencial): Aspectos legais.
  • Sesión 2 - 18 de marzo (presencial): Fundamentos para o deseño e a implantación dun Plan de Dinamización de Redes Sociais.
  • Sesión 3 - 22 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Facebook.
  • Sesión 4 - 28 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Instagram.
  • Sesión 5 - 29 de marzo (presencial): Publicacións eficaces. Twitter.

Relatora:

Elena Martínez Royo 

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2101061 Dinamización de proxectos educativos  a través das redes sociais
S2101061 Dinamización de proxectos educativos a través das redes sociais

S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes

Summary: 

Curso presencial para novos docentes de Educación Infantil e Primaria
Gallego

Referencia do curso:

 S2102030

Datas: 

04/03/2022  

05/03/2022

Duración da actividade:

12 horas

 

Horario:

Venres:  de 16.00 a 20.00 horas

Sábado: de 10.00 a 14.00 horas

               de 16.00 a 20.00 horas

Localización: 

Centro Autonómico de Formación e Innovación (Santiago de Compostela)

Aula Nova

 

Sesións de traballo:

  • Sesión 1 (presencial): As ferramentas do explorador científico. Exploramos o planeta Terra.
  • Sesión 2 (presencial): Exploramos o ceo.
  • Sesión 3 (presencial): Exploramos os seres vivos.

 

Relatores:

Patricia Barciela Lema (Domus de A Coruña)

José Viñas Dieguez (IES David Buján de Cambre)

 

Máis información en FProfe co código da actividade.

S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes
S2102030 Laboratorio de proxectos STEAM para novos docentes

S2102028 Laboratorio creativo STEAM en infantil

Summary: 

Curso presencial para desenvolver proxectos STEAM nas aulas de infantil.
Gallego

Curso presencial de 12 horas de duración destinado a docentes de Educación Infantil que desexen coñecer a cultura maker e implementar proxectos STEAM nas súas aulas.

Datas:

7, 9, 14 e 16 de febreiro

Horario:

De 17.00 a 20.00 horas

Localización:

Aula Nova do Centro Autonómico de Formación e Innovación de Santiago de Compostela

 

Sesións da formación:

Sesión 1: Cultura maker en Educación Infantil. Presentación e manexo de diferentes robots para o traballo da robótica. Presentación e uso de diferentes xogos de mesa para traballar conceptos de programación.

Sesión 2: Emprego do Ozobot. Inicio da programación por bloques en Scratch.

Sesión 3: Emprego da placa Makey Makey e busca de xogos.

Sesión 4: Creación dun proxecto de aula para esta etapa educativa.

 

Relator:

Santiago Gil Castro

Máis información en FProfe co código da actividade.

Laboratorio robótico en Infantil
Laboratorio robótico en Infantil

S2101039. Biblioteca escolar. Centro inclusivo das aprendizaxes

Summary: 

Dispón de 20 prazas e implica 10 horas presenciais.
Gallego

Sempre que o protocolo o permita, serán sesións presenciais no CAFI. Agora, se a situación pandémica e o protocolo conseguinte o requiren, faríase a través da plataforma Cisco Webex.

É un curso de interese incluso para xente cun nivel competencial non inicial: contamos con nomes de relevancia para o mundo das bibliotecas escolares e incluímos dúas visitas a dúas bibliotecas compostelanas de referencia para a inclusión.

 

cabeceira curso be centro inclusión
cabeceira curso be centro inclusión

S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA

Summary: 

Esta actividade ofrecerá novas propostas, recursos e ideas para desenvolver e integrar a metodoloxía CLIL na aula de Educación Plástica Visual e Artística.
Gallego

A actividade S2103008 Enfoque CLIL na aula de EPVA terá lugar co seguinte horario no Centro Autonómico de Formación e Innovación, en Santiago de Compostela:

Día 12 de marzo, de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 

A relatora deste curso será Sabela Arias Castro, profesora de secundaria, viñetista e artista gráfica. Para ter máis información sobre o seu percorrido pódese consultar  a seguinte ligazón: sabelaarias.com/gl

Os obxectivos a acadar serán os seguintes:

1.Deseñar unha proposta didáctica segundo o enfoque CLIL.

2.Analizar e seleccionar as estratexias e recursos adaptados ao contexto da aula EPVA.

3.Achegar propostas para dar atención ás necesidades específicas do alumnado.

E os contidos a desenvolver durante a formación indícanse a continuación:

1.Fundamentos do ensino CLIL.

2.Programación, secuenciación e avaliación na aula de Educación Plástica Visual e Artística.

3.Análise e emprego dos recursos dixitais para a aula CLIL de EPVA.

4.Medidas de atención á diversidade. Estratexias de andamiaxe e DUA para alumnado con NEAE.

 

 

Enfoque CLIL EPVA