S2101115 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Francés B2

Este curso, de acordo coas ensinanzas de nivel intermedio B2, ten por obxecto capacitar ao alumnado para vivir de maneira independente en lugares en que se utiliza o idioma; desenvolver relacións persoais e sociais, tanto cara a cara como a distancia a través de medios técnicos, con persoas usuarias da lingua inglesa; estudar nun ámbito educativo preterciario ou actuar coa debida eficacia nun ámbito ocupacional en situacións que requiran a cooperación e a negociación sobre asuntos de carácter habitual no dito ámbito.
Lun, 31/01/2022 - 16:47
Francés B2

O curso levarase a cabo a través de videoconferencia os mércores, de 16.30 a 19.30.

O curso será un espazo onde se levarán a cabo actividades comprensión, (co)produción e mediación orais e escritas do nivel B2 que permitan desenvolver a competencia comunicativa do alumnado.

O papel activo do alumnado na aula é fundamental para poder acadar os obxectivos do curso. Por outra banda, se facilitarán estratexias que fomenten o desenvolvemento da autonomía do alumnado xa que este aspecto é esencial para mellorar a competencia lingüística no idioma e poder acadar os obxectivos do curso.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI