S2101120 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Inglés C1

Este curso terá como obxectivo a mellora da competencia lingüística nas destrezas de comprensión, producción, co-producción e mediación orais e escritas.
Lun, 31/01/2022 - 16:53
English C1

O curso levarase a cabo a través de videoconferencia os martes e xoves, de 17.30 a 19.30.

As sesións estarán adicadas á práctica da tipoloxía de tarefas das probas de certificación de nivel C1 nas EE.OO.II.

O alumnado que supere o nivel avanzado C1 poderá comunicarse case sen esforzo, dun xeito fluído e espontáneo nos ámbitos persoal e público, así como en actividades específicas nos campos académico e profesional. Comprenderá a información importante e os aspectos e detalles relevantes dunha ampla gama de textos orais, e tamén será capaz de entender opinións e actitudes tanto implícitas como explícitas. Comprenderá en detalle textos escritos, extensos e conceptualmente complexos, sempre que poida reler determinadas partes do texto; será quen de producir textos escritos ben estruturados e sobre temas de certa complexidade. Empregará, de maneira correcta, estruturas, mecanismos de cohesión e un léxico axeitado e variado para resaltar, sintetizar, ampliar e defender puntos de vista, que permitan rematar a produción cunha conclusión argumentada. O alumnado que acade este nivel disporá dun bo coñecemento da lingua e un repertorio de expresións idiomáticas que lle permitan apreciar, expresar e trasladar matices de significados.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI