Gallego

S2101079 - Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE

Summary: 

Este curso busca aportar, por unha banda, estratexias de diferenciación curricular no ensino das linguas estranxeiras atendendo aos contidos, á metodoloxía e á avaliación. Por outra banda, esta actividade axudará na planificación de secuencias didácticas tomando como referencia o marco do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) e fomentará as experiencias inclusivas nas aulas de idiomas.
Gallego

O curso "Estratexias de aprendizaxe nas linguas estranxeiras para o alumnado con NEAE" (S2101079) desenvolverase durante catro xoves, cunha duración de 15 horas distribuídas do seguinte modo:

28 de outubro - en horario de 16.30 a 20.30

4 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30

11 de novembro - en horario de 16.30 a 20.30

18 de novembro - en horario de 16.30 a 19.30

O relator da actividade será David González Gándara.

O lugar de celebración será no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).

Cartel

G2103002 Dynamisation des classes de français

Summary: 

O curso leva por título "Dynamisation des classes de français" e busca a combinación de variados recursos para dinamizar as clases de francés, a partir de propostas relacionadas co xogo, a aula invertida, os textos literarios e xornalísticos, así como o teatro e a simulación global, sen esquecer a concepción de materiais para un mesmo grupo con distintos niveis. 
Gallego

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 20 de outubro en Fprofe no código G2103002. 

A actividade desenvolverase no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) en Santiago de Compostela os días 27 de novembro e 4 de decembro, en horario de 9.00 a 14.00. 

Pódese consultar ou descargar o programa en Fprofe no código previamente indicado.

Dynamisation des classes de français

Curso 1º trimestre con prazas vacantes

Gallego

G2101056 Iniciación a ExeLearning

O curso ten unha duración de 20 horas e desenvolverase dende o 05/10/2021 ata o 08/11/2021.  

Obxectivos

Propiciar a mellora da competencia profesional do profesorado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.

Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas didácticas.

Planificar e formular actividades didácticas cos recursos e ferramentas informáticas a disposición do profesorado.

 

Contidos 

Que é eXeLearning?

Crear un paquete de contidos.

Publicar paquetes de contidos.

Exelearning
Exelearning

S2101136 - Incidentes de ciberseguridade

Summary: 

Plans de prevención, ferramentas e medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.
Adecuación de medidas en ciberseguridade.
Gallego

Formación específica  no tema a tratar.

Corpos e especialidades

511107 - Catedráticos de ensino secundario. Informática
511124 - Catedráticos de ensino secundario. Sistemas electrónicos
590107 - Profesores de ensino secundario. Informática
590124 - Profesores de ensino secundario. Sistemas electrónicos
591202 - Profesores técnicos de formación profesional. Equipos electrónicos
591227 - Profesores técnicos de formación profesional. Sistemas e aplicacións informáticas

Obxectivos

  • Deseñar plans de prevención e concienciación en ciberseguridade establecendo normas e medidas de protección.
  • Detectar, analizar, investigar e documentar incidentes de ciberseguridade.
  • Implementar medidas de ciberseguridade como resposta aos incidentes detectados.

 

Contidos

 

  • Plans de prevención e concienciación en ciberseguridade.
  • Ferramentas para a detección, análise e documentación de incidentes de ciberseguridade.
  • Medidas de protección frente a incidentes de ciberseguridade.

Horas 

  • 30 horas certificadas
Cartaz Incidentes Ciberseguridade

S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

Summary: 

Nova formación presencial enfocada a utilización da nube para controlar dispositivos electrónicos.
Gallego

 

 

Curso presencial de 12 horas de duración.

Datas: 5, 8, 15 e 19 de outubro de 17-20 h.

Prerequisitos: Ter coñecementos previos en programación de Arduino e o uso da comunicación serie.

 

 

 

Obxectivos:

- Comprender o funcionamento das redes de comunicación como unha WiFi.

- Aprender os fundamentos da linguaxe web HTML.

- Programar a comunicación entre dispositivos conectados a unha mesma rede WiFi ou con servicios na nube.

- Desenvolver prácticas con sensores e actuadores.

Programa:

1. Configurar o IDE de Arduino para programa tarxetas basadas no ESP8266.

2. Programación dos periféricos de WEMOS D1 MINI.

3. Búsqueda e conexión a unha rede WiFi.

4. Introdución a HTML.

5. Programación dun interface web con botóns para o control de saídas.

6. Protocolo HTTP.

7. Actualización da hora vía Intenet.

8. Envío e rexistro de información na nube con ThingSpeak.

9. Recepción de ordes dende a nube.

10. Procesamento de información na nube.

11. Envío de notificacións.

S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube
S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

G2101033 - Creación de recursos educativos con Lim

Summary: 

Creación de recursos educativos con LIM
Aprendizaxe do manexo desta ferramenta para a creción de recursos educativos
Gallego

Nova edición do curso impartido en convocatorias previas.

Obxectivos

  • Propiciar a mellora da competencia profesional do profesorado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas didácticas.
  • Planificar e formular actividades didácticas cos recursos e ferramentas informáticas a disposición do profesorado.

 

 

Datas de celebración

 

 

  • Inicio: 6 de outubro
  • Remate: 10 de decembro

Contidos

  • A ferramenta de autor EdiLim: propiedades, crear páxinas, exportar.
  • Tipoloxía de actividades didácticas.
  • Dereitos de autor e licenzas de uso da multimedia empregada.
  • Formulación dun proxecto global de aula no que se empreguen as tecnoloxías da información e comunicación como recurso didáctico.
  • Difusión e posta en común de proxectos e propostas didácticas. Traballo na Rede.
  • O alumno como creador de Libros Interactivos Multimedia.

Horas certificadas

40 horas

Carta Curslo LIM
LIM

G2101045 Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

Summary: 

Prazas libres. Podedes facer a vosa inscripción até o 20 de setembro
Gallego

Curso na Rede a través de Platega

Datas: 29/09/2021-15/12/21

Obxectivos

1.Analizar as referencias á educación en valores reguladas na normativa propia das ensinanzas de formación profesional.

2.Planificar/deseñar unha programación de módulo dun ciclo formativo que incorpore os valores referenciados na normativa, así como aqueles valores que poidan ser de interese para o alumnado.

3.Deseñar accións educativas relacionadas co currículo consciente e non consciente para contribuír con propostas concretas inspiradas na educación en valores á mellora da convivencia do centro.

Contidos

1.A educación en valores na normativa educativa.

2.O currículo non consciente.

   2.1.Modelo de análise do traballo docente, os espazos e a linguaxe nas aulas

3.O currículum consciente

4.Accións educativas para o traballo en valores na formación profesional

curso con prazas libres
G2101045 Educando en valores nas ensinanzas de formación profesional

G2102030 EU Code Week Online Bootcamp

Summary: 

Formación na rede en inglés coa colaboración de European Schoolnet Academy en formato MOOC.
Gallego

EU Code Week Online Bootcamp é un novo MOOC da EU Code Week que proporcionará aos profesores de educación infantil, primaria e secundaria ideas prácticas, ferramentas e recursos para axudalos a levar a codificación e o pensamento computacional ás aulas. Os profesores sensibilizarán sobre a diversidade e a inclusión na codificación e explorarán os potenciais da intelixencia artificial na educación.

Neste curso de tres módulos experimentarán con novos materiais e retos de aprendizaxe e crearán as súas propias actividades. Os profesores coñecerán a iniciativa da Semana do Código da UE e as oportunidades que ofrece. Conectarán con compañeiros con ideas afíns e formarán parte dunha comunidade que fomenta a colaboración, o traballo en equipo e o intercambio de boas prácticas e estimula a discusión e a reflexión.

Obxectivos de aprendizaxe

  • Familiarizarse coa iniciativa da Semana do Código da UE e as oportunidades que ofrece.
  • Para explorar os bits de aprendizaxe, recursos e retos da Semana do Código da UE.
  • Integrar as actividades de codificación, programación e pensamento computacional no ensino e na aprendizaxe.
  • Examinar exemplos de actividades de codificación desconectadas na aula.
  • Descubrir os beneficios de integrar a robótica, xogar e facer leccións.
  • Recoñecer diferentes enfoques na implementación da IA ​​na aula.
  • Identificar riscos e desafíos da IA.
  • Comprender a importancia da inclusión, equidade e igualdade na aula.
  • Coñecer compañeiros con ideas afíns para aprender xuntos e co-crear resultados de aprendizaxe.
  • Intercambiar boas prácticas cos compañeiros.

 

Datas

Do 27 de setembro ao 27 de outubro.

 

Módulos

  • Módulo 1: no camiño cara ao código comeza o 27/09/2021
  • O módulo 2: Dar vida ás ideas  comeza o 04/10/2021
  • Módulo 3: a chamada á acción  comeza o 11/10/202

 

Certificación

O docente deberá realizar o MOOC na plataforma da EUN e acadar o certificado oficial que logo remitirá por correo ao CAFI, Para recibir o certificado, a participación no cuestionario contará cun 10% e a actividade final da Semana do Código xunto coas revisións por pares contará cun 90% . A nota global de aprobación é do  95% .

 O prazo final para completar todas as actividades remata o  mércores 27 de outubro ás 23:59 CEST.

 

 

 

Online Bootcamp

3D Blender

Summary: 

Introducción ao deseño con 3D Blender
Fundamentos básicos para aplicar na acción educativa dende a perspectiva da innovación gráfica.
Gallego

Segunda edición da actividade formativa impartida entre xaneiro e abril do 2021, dentro dos criterios xerais de selección do plan de formación en curso, e cunha certificación de 50 horas.

Obxectivos

  • Dominar os fundamentos da aplicación de deseño 3D Blender e coñecer as posibilidades educativas da mesma.
  • Explorar as posibilidades de innovación no ámbito STEM

Datas de celebración

  • Inicio: 27 de setembro
  • Remate: 10 de decembro

 

Contidos

 

  • Introdución a Blender.
  • Técnicas de modelado 3D.
  • luminación: tipos e comportamento.
  • Deseño e aplicación de materiais.
  • Tipos de texturas.
  • Exportación e procesamento de obxectos para impresión 3D.
Cartaz: Introdución ao deseño en 3D Blender
3D Blender PLATEGA

Premio Europeo á Ensinanza Innovadora (EITA, European Innovative Teaching Award)

Summary: 

A Comisión Europea, en colaboración coas axencias nacionais, estableceu premios anuais para profesores de todos os países que participan nos proxectos Erasmus + máis relevantes para cada tema anual. Establecéronse 4 categorías: educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato.
Gallego

Premio Europeo á Ensinanza Innovadora (EITA, European Innovative Teaching Award).

A Comisión Europea, en colaboración coas axencias nacionais, estableceu premios anuais para profesores de todos os países que participan nos proxectos Erasmus + máis relevantes para cada tema anual. Establecéronse 4 categorías: educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato. Estes premios terán moita publicidade, tanto da CE como dos AANN. Nestas ligazóns tes máis información: http://sepie.es/iniciativas/eita/index.html, https://ec.europa.eu/education/education-in-the-eu/european-education-ar.... As datas máis importantes en relación a este premio son:

o 16 de setembro: lanzamento a nivel europeo

o 20 de outubro: entrega de premios

o 21 de outubro: encontro de gañadores de todos os países

o Outubro-decembro: eventos nacionais

European Innovative Teaching Award