S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

Nova formación presencial enfocada a utilización da nube para controlar dispositivos electrónicos.
Mar, 28/09/2021 - 10:17
S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube
S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube

 

 

Curso presencial de 12 horas de duración.

Datas: 5, 8, 15 e 19 de outubro de 17-20 h.

Prerequisitos: Ter coñecementos previos en programación de Arduino e o uso da comunicación serie.

 

 

 

Obxectivos:

- Comprender o funcionamento das redes de comunicación como unha WiFi.

- Aprender os fundamentos da linguaxe web HTML.

- Programar a comunicación entre dispositivos conectados a unha mesma rede WiFi ou con servicios na nube.

- Desenvolver prácticas con sensores e actuadores.

Programa:

1. Configurar o IDE de Arduino para programa tarxetas basadas no ESP8266.

2. Programación dos periféricos de WEMOS D1 MINI.

3. Búsqueda e conexión a unha rede WiFi.

4. Introdución a HTML.

5. Programación dun interface web con botóns para o control de saídas.

6. Protocolo HTTP.

7. Actualización da hora vía Intenet.

8. Envío e rexistro de información na nube con ThingSpeak.

9. Recepción de ordes dende a nube.

10. Procesamento de información na nube.

11. Envío de notificacións.