S2102042 - Proxectos STEAM conectados á nube [1]
Enviado por portalcafi a Mar, 28/09/2021 - 10:17
Curso presencial de 12 horas de duración.
Datas: 5, 8, 15 e 19 de outubro de 17-20 h.
Prerequisitos: Ter coñecementos previos en programación de Arduino e o uso da comunicación serie.
Obxectivos:
- Comprender o funcionamento das redes de comunicación como unha WiFi.
- Aprender os fundamentos da linguaxe web HTML.
- Programar a comunicación entre dispositivos conectados a unha mesma rede WiFi ou con servicios na nube.
- Desenvolver prácticas con sensores e actuadores.
Programa:
1. Configurar o IDE de Arduino para programa tarxetas basadas no ESP8266.
2. Programación dos periféricos de WEMOS D1 MINI.
3. Búsqueda e conexión a unha rede WiFi.
4. Introdución a HTML.
5. Programación dun interface web con botóns para o control de saídas.
6. Protocolo HTTP.
7. Actualización da hora vía Intenet.
8. Envío e rexistro de información na nube con ThingSpeak.
9. Recepción de ordes dende a nube.
10. Procesamento de información na nube.
11. Envío de notificacións.
