Gallego

G2103012 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Jose Saramago en Lisboa

Summary: 

Interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

A figura universal do escritor José Saramago é un gran referente literario en Lisboa, cidade na que viviu boa parte da súa vida e na que ambientou moitas das súas obras. A súa pegada na cidade de Lisboa é profunda compoñendo algúns dos seus libros máis soados nesta cidade.

 

Este Roteiro Literario percorre os recunchos máis emblemáticos de Lisboa polos cales discorría o día a día do escritor, polos que se inspirou e polos cales envorcou as súas impresións nos seus libros. Os edificios son o marco perfecto para ambientar a vida de Saramago acompañándoa con fragmentos de História do cerco de Lisboa, O ano da morte de Ricardo Reis, A jangada de pedra, Memorial do convento, Levantado do chão...

 

  • Casa dos bicos
  • Terreiro do Paço
  • Monte da Graça
  • Rua do Milagre de Santo
  • Escadinhas de São Crispim
  • Porta de Ferro
  • Arco Escuro
  • Arco de Jesus 
  • Torre de Alfama
  • Porta do Sol  
  • Porta Martim Moniz  
  • Rua do Chão da Feira
  • Castelo de Sao Jorge

 

Datas de realización: 04 de decembro

Relatora: Fabrizio Boscaglia

Código en fprofe: S2103012

Para máis información preme aquí

Roteiro polos espazos vitais e literarios de Jose Saramago en Lisboa

G2103011 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Baeza

Summary: 

Interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

“Me trasladé a Baeza, donde hoy resido. Mis aficiones son pasear y leer"

A figura universal do poeta Antonio Machado é un gran referente literario da Xeración do 98. A súa pegada na cidade de Baeza é profunda compoñendo algúns dos seus poemas máis soados nesta cidade.

Este Roteiro Literario percorre os recunchos máis emblemáticos de Baeza polos cales discorría o día a día do poeta, polos que se inspirou e polos cales envorcou as súas impresións nos seus versos. Os edificios son o marco perfecto para ambientar a vida de Machado acompañándoa con fragmentos poéticos e da súa biografía recitados ao longo do itinerario:

  • Casa do poeta ea C/ Cardenal Benavides.
  • Rebotica e Paseo.
  • C/ San Pablo: Hotel Comercio, monumento a Machado e Casino.
  • Barbacana cara ao  Arco del Barbudo.
  • Antiga Universidade: monumento a Machado e Aula de Antonio Machado.
  • Plaza de la Santa Cruz.
  • Praza de Santa María.
  • Porta da Luna, Porta do Perdón e Callejones.
  • Paseo das Murallas ou Antonio Machado: Balcón do Guadalquivir.
  • Monumento a Machado de Pablo Serrano.
  • Praza dos Leones.

Datas de realización: 09 de octubre

Relatora: Filomena Garrido

Código en fprofe: S2103014

Para máis información preme aquí

Interese polo patrimonio literario no ensino
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Antonio Machado en Baeza

G2103010 Roteiro polos espazos vitais e literarios da Xeración Nós en Ourense

Summary: 

interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

Que a Ourense a chamen A Atenas Galega non é froito de ningunha casualidade. Pero non soamente nesta denominación deixou a súa pegada a coñecida como Xeración Nós, senón que a cidade enteira está marcada polo legado deste grupo de escritores que conta entre os seus membros con personalidades como Vicente Risco,  Ramón Otero Pedrayo  ou Florentino Cuevillas.

Percorreremos os lugares e sucesos familiares da Xeración trazando as diferenzas entre as viaxes que percorreron cada un dos seus membros, que a pesar de compartir moitas cousas son moi diferentes entre eles.

Nas rúas da zona vella ourensá atópanse as casas natais de Vicente Risco ou Otero Pedrayo, así como os escenarios literarios de moitas das obras destes escritores que cara a1920, fundaban a revista Nós. A creación deste grupo provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos ámbitos, non só na literatura senón tamén noutras disciplinas.

 

Datas de realización: 30 de outubro

Relator: Afonso Vázquez- Monxardín

Código en  fprofe:  G2103010

Para máis información preme

 interese polo patrimonio literario no ensino
Roteiro polos espazos vitais e literarios da Xeración Nós en Ourense

G2103014 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

Summary: 

O interese polo patrimonio literario no ensino
Gallego

Algúns lugares están intimamente ligados aos artistas que os habitaron. É o caso de Vigo e de  Xela Arias, poeta, tradutora, editora e mestra.

Nos poemas de  Xela Arias latexa a cidade e o mar, sobre todo, de Vigo. Denuncia  do Equilibrio [1986, finalista ao Premio Losada Diéguez] é o primeiro poemario urbano que se escribe en Galicia.
O mar, as rúas, as follas das árbores, os cabalos, o ceo... entrecrúzanse nuns versos  indómitos cuxo obxectivo é crear unha nova sintaxe que supón un canto á liberdade.

Pouco despois de nacer en Lugo en 1962, Xela Arias mudouse xunto á súa familia a Vigo, onde residiu ata o seu falecemento aos 41 anos. Da man do estudoso Manuel Bragado percorreremos as principais localizacións vitais e literarias polas que transcorre a vida de Xela Arias. IES Castelao, CIP Sárdoma-Moledo, IES Álvaro Cunqueiro, Castrelos, pub coma o Krenmin (Coruxo), Alma Pub (Poboadores), De catro a catro, García Barbón... serán algúns dos espazos polos que nos moveremos.

Data de realización: 25 de setembro

Horario: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 24:00h

Relator: Manuel Bragado

Código en fprofe: S2103014

Para máis información preme  aquí

 

 

 

 

O interese polo patrimonio literario no ensino
eiro polos espazos vitais e literarios de Xela Arias

S2103014 O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

Summary: 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
Gallego

En Galicia existe unha gran tradición na utilización didáctica do patrimonio. Desde hai tempo xurdiu a tendencia de achegar o pasado ao alumnado a través de visitas a edificios, xacementos, museos, etc. Actualmente, esta tendencia incrementouse e ademais aumentou o número de lugares  visitables (coa incorporación dos centros de interpretación, de exposicións ou de itinerarios históricos). Todo iso, coa intención de achegar e de facilitar a aprendizaxe da historia.

Nesta actividade queremos acercar parte do patrimonio  prehistórico (petróglifos de Conxo e Teo) e medieval (murallas de Compostela e Castelo da Rocha) para a súa aplicación didáctica na aula.

Datas de realización: 02 de outubro
Horario: de 15:00 a 24:00 H.
Código en  fprofe:  S2103014
Para máis información pulsa aquí
 

O interese polo patrimonio cultural no ensino
O patrimonio histórico-cultural local como recurso educativo

S2101081 Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Summary: 

Prevención e coidado da voz dos docentes
Gallego

O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.

Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.

Datas de realización: 04 - 14 - 21 e 28 de outubro; 04 - 11 e 18 de novembro.

Horario: de 17:00 a 20:00H.

Relator: Pablo García Ferradas

Código en fprofe: S2101081

Para máis información preme aquí

Prevención e coidado da voz dos docentes
Exercicios para o coidado e hixiene da voz. Ortofonía

Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021

Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021

Amplíase o prazo de inscrición!!

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento

Data: 

01/09/2021

Sección: 

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021. Data límite de inscrición en Fprofe: mércores, 28 de xullo de 2021.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP. Setembro/Decembro 2021

Amplíase o prazo de inscrición!!

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento: 

Formación FP_AMPLICACIÓN

S2102024 Formación para persoas coordinadoras E-Dixgal

Summary: 

Formación para as persoas coordinadoras do proxecto E-Dixgal en cuestións técnicas, a xestión de grupos e materias no entorno EVA ademais da creación dun espazo de encontro coas persoas coordinadoras.
Formación para las persoas coordinadoras del proyecto E-Dixgal en cuestiones técnicas, la gestión de grupos y materias en el entorno EVA , demás de la creación de un espacio de encuentro con las persoas coordinadoras.
Gallego

Formación para as persoas coordinadoras do proxecto E-Dixgal en cuestións técnicas, a xestión de grupos e materias no entorno EVA  ademais da creación dun espazo de encontro coas persoas coordinadoras.

Infografía E-Dixgal

G2001136 Curso de formación inicial para novas direccións escolares

Summary: 

08/07/2021 - 16/07/2021 Formación presencial de 25 horas con 400 prazas reservadas para o profesorado de ensino público non universitario que é nomeado por primeira vez en cargo directivo o 1 de xullo de 2021. Aberto o prazo de inscrición até o 4 de xullo.
08/07/2021 - 16/07/2021 Formación presencial de 25 horas con 400 plazas reservadas para el profesorado de enseñanza secundaria no universitaria que es nombrado por primera vez en cargo directivo el 1 de julio de 2021. Abierto el plazo de inscripción hasta el 4 de julio.
Gallego

As novas persoas directoras nomeadas a 1 de xullo de 2021 poden matricularse neste curso, que funciona coma pílula intensiva para ofrecer a estas direccións as ferramentas, coñecementos e habilidades precisas para liderar o seu centro educativo.

Estas persoas directoras poderán levar consigo ás súas persoas xefas de estudo e secretarias tamén nomeadas por vez primeira nese cargo directivo a 1 de xullo de 2021. Se sobran prazas, vicedireccións ex novo tamén poden asistir, acompañando á súa persoa directora.

Das 25 horas da actividade, 5 computarán coma tarefas entregadas. Esas tarefas serán sinxelas e breves e imprescindibles para certificar, ademais de asistir a polo menos ao 85% de asistencia das sesións presenciais.

As datas concretas para seguir o curso son:

L

M

M

J

V

S

D

XULLO

 

 

 

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

 

  • 8 de xullo – Módulo 1. Común. Videoconferencia. 6h. (15.30h-21.30h.)
  • 12 de xullo – Módulo 2. Nivel educativo/cargos. Palacio de Congresos. 5h. (16.00h.-21.00h.)
  • 13 de xullo – Módulo 3. Cargos. Videoconferencia. 4,5 h. (16.00h.-20.30h.)
  • 15 de xullo – Módulo 4. Nivel educativo/cargos. Palacio de Congresos. 4,5 h. (10.00h.-14.30h.)
  • 16 de xullo, 10.00 horas – Peche da actividade. Antes desa hora as tarefas teñen que estar feitas.

 

Animámoslles a coñecer os aspectos normativos, organizativos e de xestión dos nosos centros educativos, adquirir habilidades de liderado e acadar as competencias necesarias para xestionar a participación e implicación nun proxecto común. Accedan ao seu FPROFE e soliciten a súa matrícula no código G2001136.

Imaxe do curso de formación inicial de equipos directivos
Imaxe do curso de formación inicial de equipos directivos