G2103010 Roteiro polos espazos vitais e literarios da Xeración Nós en Ourense
Que a Ourense a chamen A Atenas Galega non é froito de ningunha casualidade. Pero non soamente nesta denominación deixou a súa pegada a coñecida como Xeración Nós, senón que a cidade enteira está marcada polo legado deste grupo de escritores que conta entre os seus membros con personalidades como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo ou Florentino Cuevillas.
Percorreremos os lugares e sucesos familiares da Xeración trazando as diferenzas entre as viaxes que percorreron cada un dos seus membros, que a pesar de compartir moitas cousas son moi diferentes entre eles.
Nas rúas da zona vella ourensá atópanse as casas natais de Vicente Risco ou Otero Pedrayo, así como os escenarios literarios de moitas das obras destes escritores que cara a1920, fundaban a revista Nós. A creación deste grupo provocou un avance definitivo na cultura galega en diversos ámbitos, non só na literatura senón tamén noutras disciplinas.
Datas de realización: 30 de outubro
Relator: Afonso Vázquez- Monxardín
Código en fprofe: G2103010
Para máis información preme