G2101033 - Creación de recursos educativos con Lim
Creación de recursos educativos con LIM
Aprendizaxe do manexo desta ferramenta para a creción de recursos educativos
Ven, 24/09/2021 - 13:59
Nova edición do curso impartido en convocatorias previas.
Obxectivos
- Propiciar a mellora da competencia profesional do profesorado no emprego das tecnoloxías da información e da comunicación.
- Empregar as tecnoloxías da información e da comunicación como ferramentas didácticas.
- Planificar e formular actividades didácticas cos recursos e ferramentas informáticas a disposición do profesorado.
Datas de celebración
- Inicio: 6 de outubro
- Remate: 10 de decembro
Contidos
- A ferramenta de autor EdiLim: propiedades, crear páxinas, exportar.
- Tipoloxía de actividades didácticas.
- Dereitos de autor e licenzas de uso da multimedia empregada.
- Formulación dun proxecto global de aula no que se empreguen as tecnoloxías da información e comunicación como recurso didáctico.
- Difusión e posta en común de proxectos e propostas didácticas. Traballo na Rede.
- O alumno como creador de Libros Interactivos Multimedia.
Horas certificadas
40 horas