Gallego

S2101124 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Portugués C1

Summary: 

Preparación das probas de certificación das EEOOII.
Portugués C1.
Gallego

Se ata agora estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII, agora é o teu momento. Xa non hai escusa. Tes ao teu dispor varios cursos para formarte e abordar estas probas en Santiago de Compostela.

Os participantes familiarizaranse coas características, formato e avaliación das pruebas de certificación dos niveis e linguas ofertadas,realizarando exercicios de preparación para superar estas que, polas súas características, supoñen certa dificultade e requiren dun adestramento específico.

 

  • Relatora: Ivonete da Silva Isidoro
  • Portugués - Nivel C1 - S2101124
    • Día: luns
    • Horario: de 16:30 a 20:30 h
    • Lugar: CAFI
    • Datas: Do 17 de xaneiro ao 21 de marzo
Preparación das probas de certificación das EEOOII.
Portugués C1.

S2101123 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Portugués B2

Summary: 

Preparación das probas de certificación das EEOOII
Portugués B2
Gallego

Se ata agora estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII, agora é o teu momento. Xa non hai escusa. Tes ao teu dispor varios cursos para formarte e abordar estas probas en Santiago de Compostela.

Os participantes familiarizaranse coas características, formato e avaliación das pruebas de certificación dos niveis e linguas ofertadas,realizarando exercicios de preparación para superar estas que, polas súas características, supoñen certa dificultade e requiren dun adestramento específico.

 

  • Portugués - Nivel B2 - S2101123
    • Día: Xoves
    • Horario: de 16:30 a 20:30 h
    • Lugar: CAFI
    • Datas: Do 20 de xaneiro ao 24 de marzo
Preparación das probas de certificación das EEOOII.
Portugués B2.

S2101117 - Preparación das probas de certificación das EEOOII. Galego C2

Summary: 

Preparación das probas de certificación das EEOOII.
Galego C2
Gallego

Se ata agora estiveches sen tempo para preparar as probas de certificación das EEOOII, agora é o teu momento. Xa non hai escusa. Tes ao teu dispor varios cursos para formarte e abordar estas probas en Santiago de Compostela.

Os participantes familiarizaranse coas características, formato e avaliación das pruebas de certificación dos niveis e linguas ofertadas,realizarando exercicios de preparación para superar estas que, polas súas características, supoñen certa dificultade e requiren dun adestramento específico.

 

  • Galego - Nivel C2 - S2101117
    • Día: Mércores
    • Horario: de 17:00 a 21:0 h
    • Lugar:CAFI
    • Datas: Do 19 de xaneiro ao 23 de marzo
Preparación das probas de certificación das EEOOII
Galego C2

G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Summary: 

Aproveitamento da aula virtual
Gallego

Esta actividade de Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música  consta de dúas partes:

  • Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).
  • Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.

 

Contidos

  1. Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.
  4. Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.
  5. Dinámicas e rotación de grupos.
  6. Retroalimentación construtiva.

 

Obxectivos

  1. Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Summary: 

Aproveitamento da aula virtual
Undefined

Este curso consta de dúas partes:

- Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).

- Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.

 

Contidos

1.Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

2.Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.

3.Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.

4.Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.

5.Dinámicas e rotación de grupos.

6.Retroalimentación construtiva.

 

Obxectivos

1.Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

2.Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

3.Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

S2103016 TIC TAC na aula de inglés

Summary: 

Curso para profesorado de inglés de primaria, secundaria e EOI
Gallego

Imparten: Isabel Blanco Pumar (CEIP Plurilingüe de Maceda) e Esther Martínez Rivas (EOI Cedeira)

Datas e horarios:

Venres, 26 de novembro de 16:30 a 19:30h
Mércores, 1 de decembro de 17:00 a 20:00h
Venres, 3 de decembro de 16:30 a 19:30h
Venres, 10 de decembro de 16:30 a 19:30h

TIC TAC na aula de inglés

S2102047 Violencia de xénero na adolescencia

Summary: 

Actividade formativa dirixida a todas as etapas educativas, corpos, ensinanzas e especialidades.
Gallego

Está aberto o prazo de inscrición para participar nas xornadas S2102047 "Violencia de xénero e adolescencia" que se celebrará  este sábado, 13 de novembro, en liña a través de Cisco Webex.

No caso de ter interese en participar podedes facer a inscrición en https://www.edu.xunta.gal/fprofe. 

Descarga do programa:

Xornada S2102047
Xornada S2102047 "Violencia de xénero na adolescencia"

S2102043 - SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe

Summary: 

Curso Presencial: SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe
Gallego

Curso presencial nas instalacións do CAFI para:

1.Introducir as metodoloxías áxiles na aprendizaxe, tanto na aula como a súa aplicación ás técnicas de estudo e desenvolvemento de proxectos.

2.Potenciar a motivación e o respecto na aula con equipo colaborativos. Fomentar a iniciativa e emprendemento para a xestión de proxectos STEM/STEAM.

3.Desenvolver proxectos no ámbito STEM/STEAM en tempos reducidos.

Duración: 12 horas.

Impartido por:

Laura Fidalgo Fernández e por Pablo Paz-Trelles Sánchez.

Para máis información consultar FPROFE.

SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe
SCRUM e metodoloxías áxiles na aprendizaxe

Video: 

S2101077 Espazos de creación e cultura maker

Summary: 

Actividade formativa que permite amosar o traballo dos centros de creación relacionados ca cultura maker.
Gallego

 

Actividade de formación dirixida a todos os docentes galegos que permitirá ter unha visión dos espazos de creación que se están desenvolvendo nos centros educativos. Presenta as seguintes características:

Modalidade: curso.

Temporalización: do 11 ao 30 de novembro.

Horas: 20 presenciais (na Aula Nova e por videochamada Cisco Webex)

 

Sesións de traballo:

  • SESIÓN 1 (Aula Nova): 11/11/2021 17,30-20,30 horas 

    • Espazo maker do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

  • SESIÓN 2 (Aula Nova): 16/11/2021 17,30-20,30 horas 

    • Espazo maker do IES Eduardo Pondal de Ponteceso.

  • SESIÓN 3 (Aula Nova): 18/11/2021 17,30-20,30 horas 

    • Recuncho maker do CEIP Nosa Señora de Xuvencos de Boborás.

  • SESIÓN 4 (Aula Nova): 19/11/2021 16,30-19,30 horas 

    • Clube de ciencia do IES Johan Carballeira de Bueu.

  • SESIÓN 5 (Videochamada): 23/11/2021 18,00-19,30  horas 

    • Iniciatives Educatives (ByLinedu) Parte I.

  • SESIÓN 6 (Videochamada): 24/11/2021 18,00-19,30 

    • Iniciatives Educatives (ByLinedu) Parte II.

  • SESIÓN 7 (Aula Nova): 25/11/2021 17,30-20,30 horas

    • Transformación de espazos educativos.

  • SESIÓN 8 (Videochamada): 30/11/2021 18,00-20,00 horas

    •  A hora maker con César García.

Espazos creativos
Espazos de creación e cultura maker

G2103016 - Aproximación á vida e á obra de Florencio Delgado Gurriarán

Summary: 

Letras Galegas 2022
Florencio Delgado Gurriarán
Gallego

Queres saber algo máis do escrito ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas 2022 na man de recoñecidos investigadores?

Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en Córgomo de Valdeorras o día 27 de agosto de 1903. Era o menor de cinco irmáns. Viviu en Córgomo ata os seis anos en que marcha a Ourense e ós dez a Palencia. Nesta última cidade estudou o bacharelato e a carreira de Dereito en Valladolid.

No ano 1928 volveu vivir a Córgomo, comezando a traballar como pasante no bufete do avogado Segudo Trincado. Da personalidade de Florencio, do seu compromiso coa súa terra, fala o feito de que se integrase plenamente cando regresou á súa aldea, e iso que levaba case toda a vida fóra. É un aspecto que salienta Ricardo Gurriarán no seu libro Florencio Delgado Gurriarán (Ediciós do Castro, Sada, 1999). Florencio participaba en tódalas actividades que se organizaban na aldea (de moitas delas era el o organizador). Gustáballe a música e posuía unha voz que destacaba en tódalas festas e esmorgas que facían os mozos de Córgomo, e iso que este lugar sempre gozou dunha merecida fama de bos cantantes.

O compromiso e apego á súa terra levouno a vincularse ás Irmandades da Fala, ó Partido Galeguista e ó Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México en 1939, tras pasar antes por Portugal e Francia.

En México dirixe as revistas "Saudade" e "Vieiros"(1959).

Volveu a Galicia en 1968, 1976 e en 1981(para ser pregoeiro das festas do Cristo, tomar posesión como Membro de Mérito do IEV). Estas visitas nunca foron definitivas xa que sempre terminaba regresando a México.

O día 14 de maio de 1987, cando tiña 84 anos, morría en California. As súas cinzas foron trasladadas ó seu Córgomo natal.

 

Horario:

Xoves 28 de outubro  (18:00 - 20:30h) – Miro Villar: "FDG, poesía desde o exilio en México"

Xoves 04 de novembro  (18:00 - 20:00h) – Débora Álvarez Moldes: "As letras de FLorencio. O éxito dun proxecto"

Xoves 2 de decembro (18:00 - 20:30h) – Ricardo Gurriarán: "Florencio Delgado Gurriaránvida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista"

Florencio Delgado Gurriarán
Día das Letras Galegas 2021