G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Aproveitamento da aula virtual
Lun, 29/11/2021 - 17:25
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música

Esta actividade de Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música  consta de dúas partes:

  • Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).
  • Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.

 

Contidos

  1. Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.
  4. Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.
  5. Dinámicas e rotación de grupos.
  6. Retroalimentación construtiva.

 

Obxectivos

  1. Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  2. Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
  3. Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.