G2101076 - Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música [1]
Enviado por portalcafi a Lun, 29/11/2021 - 17:25Aproveitamento da aula virtual
Gallego
Esta actividade de Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música consta de dúas partes:
- Primeira parte: consiste en varias sesións de videoconferencias, días 13, 14, 15 e 16 de decembro (10:00-13:00).
- Segunda parte: traballo con Moodle no mes de xaneiro.
Contidos
- Enfoque de tarefas e colaboración na Rede. Cooperar e coavaliar nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
- Creación dunha aula virtual e de actividades interactivas con H5P para as ensinanzas elementais e profesionais de música.
- Actividades colaborativas en Moodle para as materias de Educación auditiva e vocal, Linguaxe musical, Harmonía, Análise, Historia da música e Novas tecnoloxías aplicadas á música.
- Atender á diversidade na Rede: fase presencial e seguimento do alumnado que cursa ensinanzas elementais e profesionais de música.
- Dinámicas e rotación de grupos.
- Retroalimentación construtiva.
Obxectivos
- Coñecer e utilizar diferentes recursos e dispositivos, dinámicas e metodoloxías para optimizar o ensino a través da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
- Aprender a monitorizar a aprendizaxe do alumnado, dinamizar os foros de interacción e promover actividades de carácter grupal e colaborativo que axuden a formar aprendices autónomos nas ensinanzas elementais e profesionais de música.
- Empregar a observación, a innovación e a retroalimentación como complementos activos no proceso de revisión, correción e avaliación de actividades telemáticas nas ensinanzas elementais e profesionais de música.

Aproveitamento da aula virtual nas ensinanzas elementais e profesionais de música
CAFI [2]
Departamentos [3]