Skip to Content

PREMIOS DE ESO AO ESFORZO E Á SUPERACIÓN PERSOAL

O pasado 3 de xullo publicouse no DOG a ORDE do 19 de xuño de 2023 pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311E).

Prazo de presentación de solicitudes: entre o 16 de agosto e o 15 de setembro de 2023.

Achégase unha ficha informativa sobre os premios.

Datas de exames Convocatoria Extraordinaria 1º e 2º Bacharelato

Nos documentos adxuntos tedes as datas e horarios dos exames de convocatoria extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

CURSOS DE CAPACITACIÓN DIXITAL PARA MAIORES DE 55 ANOS

Vanse realizar no noso centro cursos de capacitación dixital organizados polo Ministerio de Educación para maiores de 55 anos.

Haberá varias convocatorias. Obterase un certificado oficial expedido polo Ministerio ao rematar cada curso.

Grupo 1: Xullo 2023 10, 12, 13, 17, 18, 19, 20 e 21 de 10:00 a 12:30

Grupo 2: Setembro 2023 18, 19, 20, 21, 26, 27, 28 e 29 de 18:00 a 20:30

Grupo 3: Outubro-Novembro 2023 16, 18, 23, 25, 30 de outubro, 2, 6 e 8 de novembro, de 16:30 a 19:00

Grupo 4: Novembro 2023 7, 9 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de 18:00 a 20:30

Son cursos de 30 horas en total. 20 horas son presenciais no centro e 10 horas non presenciais para facer tarefas na casa. As horas presenciais repártense en 8 días con 2 horas e media cada día.

Estes cursos permitirán á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízase de forma telemática.

Podedes chamar ao centro para máis información.

DATAS DE MATRICULACIÓN CURSO 2023/24

Estas son as datas de matriculación para o curso 2023/2024.

 

BACHARELATO

23 DE XUÑO Matrícula alumnado 2º Bacharelato

26 DE XUÑO Matrícula alumnado 1º Bacharelato

ESO 

27 e 28 XUÑO Matrícula alumnado 4º ESO

29 e 30 XUÑO Matrícula alumnado 1º ESO

3 e 4 XULLO Matrícula alumnado 2º ESO

5 e 6 XULLO Matrícula alumnado 3º ESO

1º de F.P.

Solicitudes de admisión  do 23 de XUÑO ás 9.00 ao 5 de XULLO ás 13.00 horas

Primeira matriculación do 19 de XULLO ás 9.00 ao 24 de XULLO ás 13.00 horas

2º de F.P.

Matriculación do 23 de XUÑO ás 9.00 ao 5 de XULLO ás 13.00 horas

F.P. BÁSICA

Presentación solicitudes do 26 de xuño ás 9.00 ao 6 de xullo ás 13.00 horas

Matriculación desde o 24 de xullo

F.P. DUAL

Presentación de solicitudes do 23 de xuño ás 9.00 ao 5 de xullo ás 13.00 horas

Matriculación do 18 de xullo ás 9.00 ao 26 de xullo ás 13.00 horas

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut