Skip to Content

Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36 e Os últimos fuxidos

 
AGOSTO DO 36


 

Novela ambientada en Galicia no inicio da Guerra Civil, a partir dun feito real, o "paseo" do que foi vítima unha parella de profesores rurais, Gregorio e Sara,de ideoloxía "vermella", nunha remota aldea da serra de Ourense, un mes despois do alzamento militar. 

Ao iniciarse a Guerra Civil os falanxistas xuran limpar España de comunistas. Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían. A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma forma de persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infames levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.

 

OS ÚLTIMOS FUXIDOS

  

Novela ambientada en 1950 na que se narra o heroísmo e tráxico final dos últimos fuxidos. É a historia dos últimos guerrilleiros (maquis) que se resisten a aceptar a ditaura franquista e seguen agochados nos montes galegos, resistindo o asedio dos falanxistas e da Garda Civil. Na novela reflictese tamén a represión que se exerce sobre as súas familias e toda aldea en xeral.  

En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez e setenta anos da parroquia. Decontado achegaríase Robertiño aos penedos da 

contarlles aquela aldraxe e asegurarlles que os dous gardas civís Casa da Moura, onde se agochaba o seu pai, Roberto Ferreño, o seu tío Marcial e os seus compañeiros, Severo e Fermín, para 

e o falanxista prometeran que " as fusilarían a todas se non lles dicían onde vostedes se esconden " . Aqueles catro homes, todos labregos, os últimos fuxidos, entobáronse na serra da Corza hai catorce anos para evitaren ser fusilados polos homes do Garabís como lls sucedera o mestre Gregorio e a súa dona. 

 

Biografía do autor

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959).

Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. 

 

Iniciar sesión

  Biblioteca           



blog | by Dr. Radut