Skip to Content

A importancia do currículu vite na busca de emprego: os erros que non se deberían cometer

 

O pasado martes 12 de febreiro tivo lugar no IES Ribeira do Louro do Porriño unha conferencia impartida por Gabriel Miguel, xestor de recursos humanos da empresa Levantina sita no Porriño e de gran expansión a nivel internacional. A posibilidade de contar con alguén como Gabriel, experto en comercio internacional e en selección de persoal adecuado para unha empresa tan importante, revelouse como unha gran oportunidade de aprendizaxe para o alumnado de ciclos superiores cuxo próximo destino é a actividade laboral.

O coñecemento das principais virtudes dun “currículo vite”, os seus elementos fundamentais e evitar erros na súa composición foron algúns dos conceptos tratados na conferencia, rematando a mesma tratando a “entrevista persoal” para a cal Gabriel deu algúns consellos de interese para  noso alumnado.

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut