Skip to Content

Concerto didáctico "As Lollipops"

O pasado día 24 de xaneiro de 2018, os alumnos de 4ºESO e 1º Bacharelato, fixemos unha saída a Santiago de Compostela para asistir a un concerto didáctico chamado “As Lollipops”.

Collemos o autobús a primeira hora e cando chegamos a Santiago paramos no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA). Neste museo móstranse aulas de diferentes época da nosa recente historia, dende a República ata os anos 80. Deste xeito, podeimos aprezar as grandes diferencias no mobiliario, materiais escolares, xogos, etc. coas nosas aulas actuáis.

De seguido, nos desprazamos ao Auditorio de Galicia para asistir ao concerto de “As Lollipops”. Lollipop (piruleta en inglés) é unha famosa canción do grupo vocal americano dos anos 50 chamado “The chordettes”. Neste caso era un grupo de tres cantantes galegas que cantaban a tres voces (soprano, mezzosoprano e contralto) e acompañadas por un pianista que facía ás veces de presentador do espectáculo.  Antes de cantar, dramatizaban con algo de humor o que ían interpretar, explicando conceptos como “a capella”, os estilos “doo wop”, “blues” e “gospel”.

O concerto acabou cunha multitudinaria interpretación a dúas voces por parte de todo o auditorio (uns 600 alumnos e alumnas de toda Galicia) do coñecidísimo spiritual “Oh, happy day!”

Por alumnado de 4ºESO

Iniciar sesión

  Biblioteca           



blog | by Dr. Radut