Skip to Content

VIII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

 

Este pasado mércores 15 de febreiro tivo lugar a fase galega da VIII Olimpíada de Xeoloxía na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo.

Foi unha xornada intensa na que, pola mañá, se realizou a parte práctica (en grupos de 4 ou 5 alumnos): por un lado cuestións relativas a un mapa topográfico e por outro a proba de visu consistente na identificación de exemplares de rochas, minerais, fósiles, formas de relevo,..... Durante a tarde tivo lugar o exame teórico: 40 preguntas test relacionadas con diversos aspectos da Xeoloxía.

O IES Ribeira do Louro presentouse por primeira vez cun grupo voluntario de alumnos/as (en total 13) de 4º ESO e 1º BAC, que realizaron a parte práctica divididos en tres grupos e a teórica individualmente.

E obtivemos o premio ao Mellor Grupo  formado por: Laura Soliño, Daniel Represas, Cristian Martínez e Sergio Lorenzo, alumnos de 1º de Bac.

Parabéns rapaces !!!!!!!!!!

 

 

AdxuntoTamaño
VIII Olimpíada de Xeoloxía.doc531.5 KB

Iniciar sesión

  Biblioteca           



page | by Dr. Radut