INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

Charla: "A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación"

Un ano mais o alumnado do IES Lamas de Abade tivo a sorte de contar coa presenza do doutor José María Suárez Quintanilla, que foi convidado polo Departamento de FOL, para impartir unha charla sobre: “ A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación”.

O doutor Suárez Quintanilla é profesor do Departamento de Ciruxía e Especialidades Médico-cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, director do Curso de Implantoloxía Oral da USC,  presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, e unha longa lista de méritos mais.

Grazas ao profesor sabemos que :

. O noso físico e a nosa linguaxe non verbal inciden de forma relevante nas relacións humanas.

. Cando nos comunicamos, a linguaxe verbal supón solo un 7% da mensaxe que se quere transmitir, o ton de voz e a velocidade supoñen o 38% e o 55% restante provén da comunicación non verbal, xestos, expresión facial, posición corporal, etc ( xa quitamos as nosas conclusións para as entrevistas de traballo).

. Os seres humanos pasamos unha gran parte da nosa vida perseguindo algo tan básico como que nos queiran. Inicialmente estamos pendentes do que pensan os demais de nós, para acabar descubrindo, xa na madurez, que ninguén pensa en nós.

Moitas grazas ao profesor por esta interesantísima e amena charla e tamén á USC por posibilitar que o alumnado dos ciclos formativos entre en contacto con profesionais deste prestixio.

Compartimos finalmente o álbum das fotografías da actividade por se queredes descargalas con máis calidade.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer