INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Premio no concurso "explícoche matemáticas 2.0"

Premio matemáticas  Compartimos con gran ledicia a nova de que o noso antigo alumno de 4º da ESO Aarón Vilariño Figueiras ten sido designado como gañador na categoría A (2º ciclo da Eso, Bacharelato e ciclos de F.P) do concurso “Explícoche Matemáticas 2.0” na edición do ano 2018 sendo seleccionado entre 29 traballos da súa categoría. Precisamente relacionado con este premio temos recibido no IES Lamas de Abade o saúdo e felicitación da Decana da Facultade de Matemáticas M. Elena Vázquez polo éxito acadado.

O concurso consistía na presentación de vídeos curtos en galego sobre cuestións relacionadas coas matemáticas e o concurso cumpría xa a súa séptima edición

Parabéns para o gañador, para todo o profesorado de Matemáticas do Centro e para o IES por este grato recoñecemento!

Pulsa AQUÍ se queres ver o vídeo 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer