INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

 

 

 

 

                 

 

A Academia recorre o decreto do plurilingüismo

 A Academia recorre o decreto do plurilingüismo

 23/07/2010 A NOSA TERRA

A Real Academia Galega (RAG) interpuxo un recurso contencioso administrativo contra o decreto do plurilingüismo no ensino non universitario, que se une aos xa presentados polos sindicatos educativos e a Mesa pola Normalización Lingüística.

Nun comunicado, a institución sinala, ademais, que a decisión foi comunicada previamente ao presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, "por motivos de transparencia e lealdade institucional".

Trátase da culminación dun proceso iniciado "a finais de xuño", cando o plenario da institución decidiu, co apoio "de todos" os seus membros, "estudar" as posíbeis vías para recorrer a nova norma que regula o uso das linguas oficiais no sistema educativo galego.

Cando se deu a coñecer o ditame do Consello Consultivo sobre o decreto do plurilingüismo, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín xa lle comunicara a Feixóo a súa petición para que o Goberno retirase a proposta lingüística no ensino ante o "clamor social" e pola "soidade total do Executivo" en materia lingüística.

Así mesmo, o informe da RAG sobre as bases do decreto e que os propios académicos aplicaron tamén ao texto definitivo, cualificaba a norma de "inaceptábel" e de "inconsistente legalmente", ademais de reclamarlle á Xunta que "rectifique" a súa postura e aposte polo "consenso" e un acordo social "integrador" para a aprobación dun texto destas características.

Entre outros puntos, sinalaron que implicará "un retroceso no proceso de normalización da lingua galega que infrinxe a lexislación vixente e a xurisprudencia emitida polos altos tribunais", ademais de recordar que o Tribunal Constitucional "nega inequivocamente que os pais teñan dereito a elixir a lingua de ensino".

Podes ler o arttigo no xornal premendo http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=48528

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer