INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

 

 

 

 

                 

 

INICIACIÓN Á ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E EMPRESARIAL (4ºESO)

QUE SE PRETENDE?

Un obxectivo da materia é desenvolver o espírito emprendedor. A iniciativa emprendedora é un valor necesario na educación das persoas, xa que leva o desenvolvemento de calidades como a autoconfianza, a creatividade, a motivación para emprender e o sentido innovador. Todas as persoas terán que emprender na súa vida persoal e laboral, terán que innovar e procurar novas respostas, nun mundo tan cambiante ao que se enfrontan, aínda que non todas vaian levar a cabo un proxecto empresarial propio.

Tamén se busca entender como funcionan as empresas e relacionar ao alumnado coa realidade socioeconómica e empresarial da súa contorna. Estúdase como poñer en marcha e administrar un proxecto empresarial dunha pequena empresa.

Outro obxectivo é axudar ao alumnado a deseñar o seu itinerario formativo e pofesional.

RESULTA ESPECIALMENTE INDICADA PARA…

  • Proseguir estudos de formación profesional, como preparación ao módulos de "Formación e Orientación Laboral" ou e “Empresa e iniciativa emprendedora“ presentes en todos eles. O alumnado tamén pode proseguir estudos de bacharelato. Esta materia de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial podería ser unha introdución a parte das materias de Economía e Economía da Empresa, ao estudar o funcionamento das empresas.
  • Prepararse  para o acceso ao mundo laboral. Estudar e aplicar as técnicas básicas da dirección e xestión empresarial actuando como innovadores/as no traballo dentro dunha organización ou tamén creando un negocio por conta propia.
  • Axudar a tomar mellores decisións económicas e financeiras. Prepararse nunha cidadanía responsable e para a vida profesional; para que poidan responsabilizarse da súa propia carreira e do seu camiño persoal de formación, e da toma das decisións clave na vida.

ORGANIZACIÓN DO CURSO:

 Contidos, materiais, metodoloxía e avaliación.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer