INFORMACIÓN ESO

       

 

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

 

 

 

 

                 

 

Economía da Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión

EN QUE CONSISTEN ESTAS MATERIAS?

En segundo, a materia de Economía da Empresa, estuda ás empresas e a súa problemática: lexislación, fiscalidade, produción, investimento e financiamento, marketing, contabilidade e organización. Responde a cuestións como: que hai que facer para crear unha empresa, que tipos de empresas hai, que tarefas se desenvolven nunha empresa, como elixen os empresarios que produtos e a que prezo van vender, que é o marketing, como calculan as empresas os seus beneficios, como obteñen as empresas financiamento para levar a cabo a súa actividade, con que frecuencia deben comprar as empresas as materias primas que precisan,...

Economía de primeiro e Economía da Empresa de segundo son materias independentes e non é necesario estudar a de primeiro para matricularse na de segundo, aínda que é recomendable cara a estudos posteriores.

Fundamentos de Administración e Xestión ten como obxectivo introducir ao alumnado no funcionamento das empresas, onde tarde ou cedo desenvolverán a súa vida laboral.

As materias de Economía da Empresa e Fundamentos de Administración e Xestión son complementarias. Ámbalas teñen contidos que en moitos casos se solapan, o que supón un evidente reforzo na preparación daqueles que acudan ás probas de acceso a estudios universitarios coa materia de Economía da Empresa. A materia de Economía da Empresa ten como obxectivo proporcionar os coñecementos básicos ás ciencias empresariais. A materia de Fundamentos de Administración e Xestión ten un enfoque máis práctico.

CONTIDOS (QUE SE VAI ESTUDAR?)

Economía da Empresa (materia troncal de opción)

A empresa: elementos, funcións e obxectivos. Formas xurídicas.
Desenvolvemento da empresa: decisións de dimensión e localización.
Organización e dirección da empresa.
A función de aprovisionamento e de produción.
A función comercial e marketing da empresa
A información contable a as obrigas fiscais.
A función financeira: decisións de investimento e financiamento.

Fundamentos de Administración e Xestión (materia específica)

Innovación empresarial. A idea de negocio: o proxecto de empresa.
A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos.
Documentación e trámites para a posta en marcha da empresa.
O plan de aprovisionamento.
Xestión comercial e marketing.
Xestión dos recursos humanos.
Xestión da contabilidade da empresa.
Investimento e xestión financeira.
Viabilidade da empresa.
Presentación da idea de negocio.

ORGANIZACIÓN ACADÉMICA

Contidos, metodoloxía, materiais e avaliación de Economía da Empresa.

Contidos, metodoloxía, materiais e avaliación de Fundamentos de Administración e Xetión.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer