Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos

Alumnado que deberá repetir curso

Anunciar nunha web a nome do alumnado repetidor non adoita ser prato de bo gusto.

Porén, desta volta sentímonos na obriga de anunciar aos catro ventos a identidade dun grupo de habitantes do Aguiar que deberán repetir curso o ano próximo.

 

 

Repetirán Claudio, como ocorre cos clásicos aos que sempre retornamos,

Fanny que seguerá alumeando os soportais das porquerizas(zona noble)

Repetirán Igor, mentres non pase de boceto a imaxe nidia, 

e o noso carteiro anunciador en parede allea ( como prescindir de quen porta o nome)

Repetirán, do Ciclo Superior de Xestión Comercial, o remedo da portada de King Crimson

o arbóreo demo que lles dá a benvida  na porta da "zona noble" cada mañá

Repetirán, tanto a reencarnación de Marley ("get up, stand up"),

como o correcaminos (bip, bip) . Ambos necesarios en épocas de cambios educativos

Teremos que facer repetir ao boceto de Camborios, pola contribución ao grafiti betanceiro,

e ao noso icónico "homo excaveitor"

A estes dous non lles virá mal repetir,

que adoitan agacharse no máis afastado dos soportais das porquerizas.

Como non, repetirán dous ilustres do cinema universal  King Kong

e Frankestein, que forman parte xa da nómina grafiteira do Aguiar.

 

Ollo! Contrariamente ao habitual,  a nosa proposta de repetición de curso non está motivada porque o fixesen mal. Máis ben sucede que enchen con tanta autoridade e solvencia as paredes que lles tocou cubrir que non queremos prescindir deles.

Non en van o Aguiar está nas orixes do grafiti betanceiro e segue a ser un dos "templos" desta arte na cidade.

Os nosos, premiados polo seu expediente académico

Premer na imaxe para acceder ao enlace do video da cerimonia.

Os nosos no minuto 1' 24"

Carmen López, Alejandro Costoya e Antonio González recibiron os premios do Programa A Ponte da USC polos seus estudos de bacharelato.

O pasado 30 de xuño tivo lugar a entrega de diplomas aos mellores expedientes do ano académico, presentado por Luis Hervella Torrón.

PARABÉNS!

 

 

Rap do Bote_John

O "rap do Bote_John" é unha creación de Marcos Rodríguez Vila coa colaboración de Raúl Fernández e Ángel Amenedo para o programa Querote +

Consumo de alcohol. Unha enquisa

Un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Inciativas Enprendedoras, participantes no Programa Quérote + estiveron reflexionando este curso sobre o fenómeno do botellón. Logo de moitas charlas e postas en común acordaron realizar unha enquisa entre os seus compañeiros.  Optaron por dirixirse ao alumnado de 1º e 4º da ESO co fin de obter unhs resultados comparados en dous tramos de idade moi significativos. 

 

Reflexionando sobre o botellón.

Coas ferramentas acadadas na materia de TIC's un grupo de alumnos e alumnas lanzáronse á elaboración de carteis para unha campaña  contra o botellón. 

 

 

enquisa sobre o uso responsable das tic's

Un grupo de alumnos de 3º da ESO participantes no programa Quérote + do Plan Proxecta,  ven de traballar na asignatura de Tecnoloxía e posteriormente na de Obradoiro de Inciiativas Emprendedoras , nun proxecto sobre o uso responsable das TIC's.

Xunto á realización de varios traballos  pode que o máis interesante foi unha enquisa que se pasou a todo o aluimnado de 3º da ESO cos resultados seguintes:

USO DAS TIC'S

 

Enquisa 3º ESO

1º-El 96% dijeron que eran las tecnologías de la información y de la comunicación.

-El 4% no lo sabían.

 

2º-El 100% usabanlas TICS en las redes sociales. Comentaron que también las usaban para los trabajos pero muy de vez en cuando.

 

3º-EL 76% usaban las TICS en poco tiempo cada hora más o menos revisaban el whats app o el Facebook, tweeter…

 

-El 24% restante usaban las TICS unas determinadas horas del día, ya sea por castigo o por estudios…

 

4º-El 82% piensan que las TICS son necesarias en sus vidas o al menos muy importantes.

 

-el 12% dicen que no.

 

5º-El 67% piensan que han tenido poco que ver las TICS con su aprendizaje.

 

-El 37% al contrario dicen que si.

 

6º-El casi el 80% dice que no se usan lo suficiente en colegios e institutos.

 

-el 20% piensa que si.

 

7º-El 79% dice que las TICS si mejorarían nuestro aprendizaje.

 

-El 21% piensa que no.

 

8º-El 54% piensa que si sirven para encontrar trabajo.

 

-Pero el 56% dice que hay muchas otras formas de encontrarlo.

 

9º-EL 99% afirma que la mayoría de sus profesores no usan ni un día el ordenador.

 

-El 1% restante dice lo contrario.

 

10º-El 61% piensa que nuestro trabajo fue interesante.

 

-El 39% restante dice que no le pareció eso sino que para él fue aburrido.

 



 

Chegou aos nosos oídos... "Los inesperados" en Ferrol

Chegou aos nosos oídos.... e non dabamos creto. Hai un ano aínda estaban connosco no Aguiar ( hoxe só nos queda un). Actuaban para nós ataviados de riguroso pixama  no festival de NadalVergoña.

O xoves 19 "Los Inesperados" (Pepo, Roi, Edu e Pablo) participan no universitario festival de  San Pepe, no campus de Esteiro en Ferrol. A partir das 4, xunto a Not Only Shills e Adóbriga.

 

 

2ª avaliación 2º BAC

 

Tarde do xoves 12 de marzo. Sesións de avaliación en 2º de Bacharelato.

Convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto – Curso escolar 2014-2015

No Diario Oficial de Galicia do 30 de maio de 2014 sae publicada a Orde do 28 de maio de 2014 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, para o seu uso no curso escolar 2014-2015. Son novidades destacables nesta convocatoria:

1. A finalidade das axudas é a adquisición exclusivamente de libros de texto (non se pode adquirir con cargo ao vale material didáctico nin complementario)

Non obstante, o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65% poderá adquirir os libros, material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.

2.  O alumnado ten a obriga de conservar en bo estado os libros de texto adquiridos na súa integridade con cargo ao importe das axudas, así como incorporalos, ao rematar o curso escolar 2014/2015 (xuño ou setembro, segundo o caso), a un fondo solidario que se constituirá no centro (banco de libros).

Exclúese desta obriga ao alumnado de 1º e 2º de educación primaria, así como o de educación especial e aquel cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, nos casos en que o material adquirido con cargo á axuda non poida ser reutilizado.

 

Os anexos que se xuntan poden descargarse ao ordenador, cubrirse e imprimirse (requírese Adobe Acrobat 7.0 ou superior)

Presentación do libro: "Pinacoteca de los sueños rotos"

    O vindeiro venres, 22 de xuño, ás 20.30 horas, no Edificio Liceo da Praza do Campo, a poetisa Raquel Vázquez presenta o seu libro "Pinacoteca de los sueños rotos".

 

   Raquel foi alumna do noso instituto e actualmente estudia a carreira de Filoloxía en Santiago.

Gañou o “Concurso de microrrelatos EtnoSur” e no 2010 ficou finalista do I Concurso Literario “Nuevos Creadores” na modalidade de poesía. Tamén foi premio no III Premio de Poesía “Poeta Juan Calderón Matador” editando posteriormente o seu poemario "Por el envés del tiempo"

Tamén Raquel é unha bloguera impenitente e agasallanos periódicamente con suxestións de lectura no seu blog personal "Niebla Eterna"   (http://nieblaeterna.blogspot.com). Tamén é coadministradora de "Documenta minima" (http://documentaminima.blogspot.com).

 

Para mostra un botón...

http://www.pepevaros.com/revista23raquelvazquez1.htm


Ou dous...

http://palabrasmaldichas.blogspot.com.es/2012/03/autorretrato-raquel-vazquez.html

EL JINETE PERDIDO

Distribuir contido