Educación Física

Ruta de sendeirismo por Betanzos

18/04/2023 10:25
18/04/2023 12:00
Etc/GMT+2

Saída de E1A polos arredores de Betanzos.

Triunfos no Campionato Provincial de Orientación

No Campionato Provincial de Orientación celebrado onte no Porto do Son, a nosa alumna Inés Becerra quedou en primeira posición. Moitos parabéns!!

O equipo feminino alcanzou tamén a primeira posición. Moitos parabéns a elas e ao resto de alumnos/as do Francisco Aguiar que participaron no campionato.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Campionato Provincial Orientación

Torneo de badminton

29/03/2023 08:25
29/03/2023 09:45
Etc/GMT+2

Unha selección de alumnos de 1º de Bacharelato participa nun torneo de badminton.

Actividades deportivas 31 de marzo

31/03/2023
Etc/GMT+2

Entre as 9 e as 11 da mañá, o alumnado de 1º e 2º de ESO participa en diferentes actividades deportivas: fútbol, brilé e baloncesto. Os equipos son mixtos.

Campionato de Orientación en Porto do Son. Programa Xogade

29/03/2023
Etc/GMT+2

Unha selección de 8 alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar participan no campionato provincial de Orientación, que se celebra no Porto do Son.

Segunda Xornada do Campionato de Fútbol Sala Feminino

Ao longo da mañá do día 7 de marzo foi a segunda xornada do campeonato de Fútbol Sala feminino, desputada no Pavillón de Monfero. O IES Francisco Aguiar presentouse con dous equipos, na categoría infantil.

As nosas alumnas tiveron un óptimo desempeño en todos os partidos.
 

Segunda Xornada da Iniciativa XOGADE - Fútbol Sala Feminino

07/03/2023
Etc/GMT+2

Unha selección de alumnado feminino de 2º de ESO particpa por segunda vez na Iniciativa XOGADE, consistente nun campionato de fútbol Sala feminino en Monfero.

RCP na aula

 

Durante as últimas dúas semanas todo o alumnado da ESO e 1° de Bacharelato participou na actividade "RCP na aula", que forma parte do Plan Proxecta e está incluída este ano no Club de Ciencia.

 

O CEFORE cedeu dous maniquíes e un desfibrilador de prácticas para realizar a actividade. Os maniquíes do CEFORE complementaron o adquirido polo centro en datas próximas. 

Álbum: Curso 22-23 -> RCP na aula_22_23

Xornada de Fútbol Sala feminino en Monfero

 

 

A Consellaría de Educación promove o deporte xuvenil a través do programa "Xogade". Unha das iniciativas consiste na celebración dunhas xornadas dedicadas ao Fútbol Sala feminino.

 

Na primeira das xornadas, celebrada o pasado 19 de xaneiro, unha selección de alumnas de 2º de ESO do IES Francisco Aguiar participou en varios partidos, na categoría Infantil e Cadete, no Polideportivo de Monfero.

 

 

 

Álbum: Curso 22-23 -> Xornada Fútbol Sala Feminino - "Xogade"

Campionato de fútbol Sala en Monfero

 

Unha selección de alumnas de 2º de ESO participou hoxe nun campionato de fútbol sala feminino celebrado en Monfero. 

As rapazas do IES Francisco Aguiar pasárono moi ben. Haberá que repetir logo a experiencia!

 

 

Distribuir contido