Educación Física

Actividade de iniciación á escalada no Rocódromo de Lugo para os 3º da ESO

rocódromo lugo

Ao longo das vindeiras semanas, o alumnado de 3º da ESO realizará unha actividade de iniciación á escalada, complementaria da materia de Educación Física, no recentemente estreado rocódromo de lugo.

6 de novembro 3º A e B

13 novembro 3º C e D

 

Viaxe Multiaventura alumnado 1º BAC Ortigueira 2019

Instantáneas da viaxe multiaventura organizada por Leonardo Piñeiro do departamento de Educación Física para alumnado de 1º de BAC. Kayak, orientacion, sendeirismo, e praia aderezado cun turístico desprazamento en tren e a visita ao museo etnográfico de As Pontes, todo en dúas intensas xornadas. 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Ortigueira multiaventura 1ºBAC

Ruta Val do Mandeo cos 2º da ESO

Os pasados 30 e 31 de maio, o alumnado de 2º da ESO fixo unha ruta na compaña de José A. Valverde, polo Val do río Mandeo. Natureza, compañerismo, esforzo, deporte, e uns días quizás de demasiado calor acompañaron aos expedicionarios.

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Ruta Val do Mandeo

Fotos da viaxe a Asturias e descenso do Sella con alumnado de 3º de ESO

Iremos subindo á galería as fotos da viaxe. Preme na imaxe ou entra no álbum.

Coma aperitivo un video-resumo do seu descenso do río Sella.

 

Álbum: Departamento de Educación Física 2018-2019 -> Viaxe Asturias 3ºESO

Viaxe a Asturias 2019

 

asturias

 

 

 

Á primeira hora de hoxe, 15 de maio, saiu a expedición comandada por José Permuy, José A. Valverde e Marta Penalonga Chao.  

Esperamos que a meteoroloxía lles permita realizar todas as actividades que teñen programadas e que desfruten da experiencia.

 

 

Mañá

Tarde

Día 1

Traslado e chegada ao hotel

Descenso en canoa do Río Sella

Día 2

LAGOS DE COVADONGA +

SANTINA DE COVADONGA

Ruta de sendeirismo por un dos símbolos de Asturias

Parada na Praia das Catedrais

Regreso

 

 

 

 

15 e 16 de maio: viaxe a Asturias e descenso do Sella con alumnado de 3º de ESO

 

Viaxe organizada por José Permuy do departamento de Educación Física

viaxe a asturias

 

Mañá

Tarde

Día 1

Traslado e chegada ao hotel

Descenso en canoa do Río Sella

Día 2

LAGOS DE COVADONGA +

SANTINA DE COVADONGA

Ruta de sendeirismo por un dos símbolos de Asturias

Parada na Praia das Catedrais

Regreso

Nas vindeiras semanas, sesións de iniciación ao piragüismo cos 1º de BAC

piraguismo

Organizadas por Leo Piñeiro do departamento de Educación Física en colaboración co Club de Piraguïsmo Ría de Betanzos.

Grupo Día Horario
1º BAC A mércores 23 de 12:35 a 14:15
1º BAC B martes 22 de 10:25 a 12:35
1º BAC C luns 21 de 12:35 a 14:15
1º BAC D mércores 15 de 12:35 a 14:15
1º BAC E martes 14 de 12:35 a 14:15

Participación na carreira solidaria 'Km de solidariedade 2019' promovida por alumnado do IES As Mariñas

O derradeiro día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º de BAC do IES As Mariñas promoveu unha carreira para recaudar fondos para a ONG 'Save the children'. O noso alumnado de 1º de BAC quíxose sumar á esta solidaria iniciativa da man do seu profesor de educación física, Leonardo Piñeiro.

Participación dos 1ºBAC na 'Carreira escolar a prol do Dereito á Educación'

O venres 12 de abril de 11 a 12 horas terá lugar unha singular iniciativa para recaudar fondos para ONG 'Save the Children'. O alumnado de Educación Física de 1º de Bacharelato do IES 'As Mariñas' promove este proxecto co que colaboran o Concello de Betanzos e a asociación 'As vellas non paramos'.

O 'Aguiar' únese a esta iniciativa solidaria co alumnado de 1º de Bacharelato.

carreira as mariñas

Distribuir contido