Espectáculo musical a cargo de Lydia Botana no Fórum Metropolitano para os 1º da ESO

 

Lydia Botana

Martes 20 de Novembro

Organizado polo Departamento de Lingua Galega e Literatura para todos os 1º da ESO

 O espectáculo comezará ás 12:00 no Forum Metropolitano da Coruña.

A saída está prevista sobre as 11:00 para chegar ás 13:25.

Reunión informativa da Viaxe a Bélxica 2019

reunion belxica

O Departamento de Francés está a organizar unha viaxe cultural a Bélxica, programada para a semana anterior ao período vacacional de Semana Santa, dirixida ao alumnado de Francés de 1º de Bacharelato. Con tal motivo convocámolos a unha reunión informativa o próximo martes, 20 de novembro, ás 18 h , que terá lugar no salón de actos do centro escolar.

1a Semana de reunións dos clubes de lectura de bacharelato 2018-19 nos recreos

Logo de ler as obras propostas polo clube de lectura de Bacharelato, toca poñer en común os sentimentos, sensacións e impresións da lectura. Para tal fin, diversos grupos de alumnos/as de Bacharelato xuntaránse esta semana nos recreos.

clublecturabac

 

 

 

 

 

 

Luns 19 O vixía no centeo J.D. Salinger
Martes 20 Un animal chamado néboa Ledicia Costas
Mércores 21 1984 George Orwell
Xoves 22 A estrada Cormac McCarthy
Venres 23    
Venres 23 O curioso incidente do can a media noite Haddon Mark

 

 

ASEMBLEA DA ANPA O CARREGAL

19/11/2018 19:00
Etc/GMT+1

Obradoiro para a Prevención de Drogodependencias para 1º de ESO.

prevención alcohol tabaco

Charla para 1º da ESO sobre a Prevención de Drogodependencias: prevención do consumo de cannabis organizada polo Concello de Betanzos.

Martes 13 Novembro

ESO 1º A 16:20 a 17:10

ESO 1º B 17:10 a 18:00

Xoves 15 Novembro

ESO 1º C 10:40 a 11:30

ESO 1º D 11:30 a 12:20

 

Concello Betanzos

HORA DE LER 7ª SEMANA [1ª SESIÓN]

 
HORA DE LER

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]


   As mulleres que len son perigosas... Ese é o título dun libro do que dispoñemos na nosa biblioteca: STEFAN BOLLMANN, Las mujeres que leen son peligrosas, Maeva, Madrid, 2006. Na súa portada leva este fermoso cadro de Vittorio Matteo Corcos co que poñemos unha nota de cor neste #Novembro en negro, #Betanzos en negro, #Aguiar en negro...
   As nosas alumnas e os nosos alumnos desexarían pensar un mundo no que as historias sobre as que escriben estas microrrelatistas colombianas e Paula Carballeira  fosen arqueoloxía do pasado, dun terrible pasado...

Pareidolia. Fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO.

A pareidolia  é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible.

O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto e o resultado exponse nos corredores do instituto para sorpresa e disfrute de todos os que transitamos por eles.

Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"

O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle".

Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino.

O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas.

As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar.

Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas.

Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€.

Animádevos todos a participar.

Betanzos en Detalle

CLUB DE CIENCIA AGUIAR. Participación aberta a todos/as.

Este curso comezamos o club de ciencia no Aguiar e necesitamos a vosa participación. Consiste en vir a obradoiros científicos unha ou dúas tardes do luns ao mes, dependendo do obradoiro, un máximo de 4 horas en total.

 

Podédevos anotar na folla colocada no corcho da vosa clase,  a tódolos obradoiros ou a obradoiros seleccionados marcando unha cruz na columna correspondente. As datas detallaránse o mais pronto posible. Os obradoiros ata nadal serán:

                    Novembro      Soporte Vital Básico 

                    Decembro     Iluminación de Nadal 

 

Querémostequeremoste
Distribuir contido