Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar

20/03/2024
Etc/GMT+1

Vimos de instalar no noso centro o Punto Laranxa contra o acoso e o ciberacoso escolar.

Se estás a sufrir ou coñeces algún caso de acoso ou ciberacoso, podes denuncialo de xeito anónimo depositando unha mensaxe na caixa que atoparás ben visible na entrada do instituto. De igual maneira, podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual na nosa páxina web (arriba á dereita).

Esta medida encádrase dentro do Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar publicado recentemente pola Consellería de Educación.