FOLGA INDEFINIDA DE TRANSPORTE [Desconvocada!!]

Vimos de confirmar a convocatoria de folga indefinida no sector do transporte en autobús a partir do luns 8 de maio.

 

Atendendo ao ocurrido en convocatorias de folga anteriores, é moi probable que a empresa, ao seu pesar, non poida cumprir cos servizos mínimos establecidos pola Consellaría. 

 

Por tanto, é moi previsíbel que o alumnado que fai uso habitual do transporte escolar non teña autobús para vir ao instituto a primeira hora e para volver a casa a última.

 

Por outro lado, a  folga indefinida obriga á empresa de transporte a suspender os servizos discrecionais. Por ese motivo, suspendemos as saídas didácticas previstas para o 8 de maio (a Mesía) e 9 de maio (a Compostela).