Actividade "Fálame da emigración". Afundación Abanca

Os días 19 e 20 de abril tiveron lugar no IES Francisco Aguiar os segundos encontros entre o alumnado de 4º de ESO e os maiores, que contaron a súa experiencia na emigración.

Neste segundo encontro, os rapaces explicaron os resultados dos traballos realizados tras contactar con algún emigrante ou persoa que lles pudo contar algo desta temática. Primeiro expuxeron os resultados publicamente e posteriormente en pequenos grupos traballaron algúns aspectos interaccionando cada grupo cun dos maiores. A experiencia foi valorada moi positivamente por todas as partes implicadas.