Obradoiro de escritura micénica

O pasado 5 de decembro o alumnado de Clásicas recibiu un obradoiro de escritura micénica impartido pola profesora Teresa Amado. O alumnado elaborou taboíñas de barro e escribiu nelas.Tratouse dunha interesante actividade, que contribúe a achegar doutra maneira a cultura helénica ao alumnado do instituto.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Obradoiro de cerámica micénica