Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino)

 

Betanzos acolleu entre o 12 e 18 de xuño o Campeonato Infantil de Baloncesto (masculino).

O IES Francisco Aguiar, e máis concretamente, algúns alumnos e alumnas de 2º de ESO achegáronse a ver algún partido e alí coincidiron co gran baloncestista galego Fernando Romay. Queda a foto para a lembranza do día.