OBRADOIRO SOBRE XELA ARIAS
Hoxe o alumnado de 1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo POLO CORREO DO VENTO, está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” en Lela Edicións.
Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.
Foi unha actividade moi interesante e proveitosa!