Coñecer o sector económico da contorna - Conferencia para o Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos comerciais
03/03/2021 10:00
03/03/2021 11:30
Etc/GMT+2
O día 3 de marzo, o alumnado do Ciclo de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais asistirá a unha conferencia impartida por Ángeles Santos Casal (Directora de de Recursos Humanos Genesal Energy) e Antón Pacín Salvador (Departamento de Recursos Humanos Genesal Energy).
A conferencia está dirixiuda de maneira preferente ao alumnado que vai realizar o módulo "Formación en centros de traballo".
Os obxectivos da charla son fundamentalmente tres:
- Poñer o alumnado que inicia a súa FCT en contacto coas empresas do sector industrial.
- Contribuír ao coñecemento da contyorna empresarial , concretamente do Polígono de Bergondo.
- Axudar ao coñecemento de habilidade valorado polas empresas na contratación de traballadores.