ABAU 2020
Na web da CIUG están a a disposición dos alumnos os seguintes documentos dos que deixamos ligazón nesta entrada:
Atención!!! Novidade: Publicación do Protocolo Covid-19!!!
[00] Protocolo ABAU 2020: Normas de acceso ao centro e á aula, norma de distribución e permanencia na aula e normas de prevención COVID-19.
[01] Convocatoria ordinaria para as ABAU 2020
[02] Resumo explicativo da Convocatoria ordinaria, e
[03] Instrucións para o alumnado coas indicacións precisas actualizadas referidas aos protocolos sanitarios que esixe esta crise povocada polo Covid-19.
Sede da comisión delegada para a realización da ABAU para o alumnado do IES Francisco Aguiar:
C.D.06A
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Campus de Elviña.
CP: 15071 – A Coruña
Calendario exames ABAU Xullo 2020
PAGO TELEMÁTICO de taxas de ABAU e expedición do título
Para realizar os exames, o alumnado deberá levar consigo:
- DNI ou documento identificativo: pasaporte, permiso de residencia etc.
- Resgardo de Matrícula e xustificante de pago
- Bolígrafo ou pluma de tinta indeleble azul ou negra.
Material axeitado para realizar o exercicio correspondente á materia de Debuxo técnico II e Deseño, así como o dicionario de latín-español ou grego-español e unha calculadora (véxanse as indicacións no documento instruccións ABAU).
No momento da presentación, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a.