Galería fotográfica #clubdeciencia decembro 'Os leds son para o Nadal'

'Os leds son para o Nadal'  é o título xenérico que quixo aglutinar diferentes actividades científico manipulativas multiniveis que tiveron a estes dous elementos coma principais. 

Dentro destas actividades tivemos:

  • Tarxetas de Nadal  con luces Led, o que chaman #papercircuits para o alumnado de 1º ESO
  • #wearables cosendo leds para as bolas de nadal dunha árbore e dun panel de estrelas (por rematar) que logo foron programados polo alumnado ca praca de #lilypadArduino
  • Programación co anel de LED dos robots #MbotRanger. O reto proposto ao alumnado incluiu luces e equilibrio. O anel de leds tiña que iluminar de forma diferente segundo a inclinación dos xiróscopos do robot.
  • Arduino e #etéxtiles ao empregar un material chamado #velostat. O velostat é un texido que cambia a súa resistencia eléctrica ao tocalo. Os alumnos de 2º BAC asistentes ao club  fabricaron con este texido un sensor flex caseiro e o programaron cun Arduino para que poida acender un led. Este é un proxecto que promete medrar en breve.

O obradoiro estivo organizado polo departamento de Tecnoloxía e o de Plástica coas profesoras Carmen Núñez Faraldo, Ángela Vázquez Álvarez e Marta Penalonga Chao.

 

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Decembro: Os leds son para o Nadal