TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO. OBRADOIRO PARA ALUMNADO TIC 1º BAC NA FUNDACIÓN BARRIÉ
Nesta Unidade Didáctica pretendemos ensinar aos participantes a que aprendan a profundar de forma lúdica e pedagóxica nos aspectos relevantes da exposición de Norman Parkinson. Inspirándonos nas súas fotografías máis icónicas, cada unha das actividades pensouse para achegarse de forma innovadora ás diferentes fases da carreira deste gran artista. En concreto, para descubrir o seu atrevido estilo retratando aos seus modelos femininas e para entender a súa importante presenza na fotografía de moda.
Coas actividades que se expoñen a continuación, os participantes imaxinaranse como será a moda do futuro. Para iso, achegaranse a novos territorios de expresión e entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais educativos poderán crear as súas propias fotografías luminosas ou accesorios de moda interactivos. En xeral, traballarán coa ferramenta Scratch e a placa Makey Makey. No desenvolvemento dos proxectos adquirirán coñecementos de electrónica básica e programación, e exercitarán destrezas manipulativas como coser, debuxar, cortar ou pegar.
Esta proposta distínguese pola súa aposta polo enfoque pedagóxico STEAM. É dicir, pola incorporación da arte e o deseño no eixo central de STEM. Con este enfoque metodolóxico preténdese fomentar o pensamento crítico dos participantes. Así mesmo, que estes adquiran habilidades e coñecementos para innovar, imaxinar e solucionar problemas futuros vinculados ao téxtil e a moda. Cada actividade combina unha breve visita guiada e despois unha actividade “de taller” relacionada coas fotografías que viron.
OBXECTIVOS EDUCATIVOS:
- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e a electrónica para achegarse ás STEM/ STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activo e significativo a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.
OBRADOIROS PARA BACHARELATO
Nesta actividade o particular estilo de Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou wearable. Tomando como referencia a obra Young Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade co fin de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos.