Gañadores do concurso Betanzos Detalles de 800 anos
|
Publicado o número de xullo da revista 'Betanzos e a súa comarca', facemos público o acta do xurado que deliberou os gañadores nas dúas categorías do concurso convocado polo IES Francisco Aguiar, o Concello de Betanzos e a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos Centro Comercial Aberto, Betanzos Detalles de 800 Anos
Os premios do concurso entregaranse o vindeiro 3 de xullo ás oito da tarde no Salón Azul do Edificio Arquivo do Antigo Reino de Galicia. O premio da categoría público en xeral é un acebecheque de 100 € e o da categoría escolar unha tablet.
Dende o 'Aguiar', agradecemos a todos os participantes o seu interese nesta a nosa proposta para dar máis valor, se cabe, a este 2019 tan especial para todos os brigantinos. O reto non era sinxelo, e sorprendeu a grande exactitude na meirande parte das respostas recollidas. Para os que querades saber máis, facemos aquí públicas as solucións do concurso.
|