ban-de nº12 revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar #Betanzos800 #normalizaciónlingüística

ban-de12

Ola a todos! Xa estamos aquí de novo, un ano máis, para presentarvos o novo número de BD, a revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar. Este é un ano especial: Betanzos cumpre 800 anos e BD… vai camiño deles, de momento xa levamos 12, que non está mal.
O principal obxectivo do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística deste instituto é facer chegar e espallar a nosa lingua e a nosa cultura a todos os integrantes
da comunidade educativa; para tal fin entendemos que unha revista na que colaboran os alumnos e alumnas deste centro serve de forma atractiva e lúdica ao noso proxecto.
Como estamos de celebración, neste número ides atopar unha mostra de traballos que teñen como fío argumental a conmemoración dos 800 anos de vida de Betanzos. Son parte do traballo realizado polo alumnado de 3º ESO na área de Educación Plástica e Visual.
E como estamos soprando velas na nosa cidade, tamén lle dedicamos un apartado especial a outros aniversarios: os 90 anos de Popeye e Mickey Mouse, e os 60 de Mortadelo e Filemón (aínda que este, en realidade, foi o ano pasado).
Como vén sendo habitual, DB difunde a obra de autores importantes da banda deseñada. Dado que este número é unha homenaxe a Betanzos, faremos un percorrido polo traballo do noso autor máis recoñecido: Xosé Tomás.
En fin, esperamos que este pequeno traballo sexa do voso agrado, e ata o ano que vén, que celebraremos... 801 anos!

Preme na imaxe ou aquí para acceder á revista

AdxuntoTamaño
Ban De 12.pdf5.38 MB