Probas de avaliación final de educación secundaria obrigatoria. O IES Francisco Aguiar entre os centros seleccionados para realizar a mostra.

28/05/2019 08:45
29/05/2019 14:15
Etc/GMT+1

No DOG do 3 de maio publicouse a Resolución do 16 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19. Esta avaliación terá carácter mostral. Aplicarase ao alumnado matriculado no curso escolar 2018/19 en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria nos centros docentes seleccionados para formar a mostra.

Acabamos de coñecer que, aplicando criterios estatísticos, o noso centro, IES Francisco Aguiar resultou seleccionado para formar parte da mostra de centros participantes. As probas celebraranse, co alumnado de 4º de ESO, os días 28 e 29 de maio de 2019.

Cómpre lembrar que a avaliación final de educación secundaria obrigatoria ten finalidade diagnóstica, con vistas á mellora da calidade e equidade do sistema educativo.

Esta proba valorará o grao de adquisición da competencia matemática, da competencia lingüística e da competencia social e cívica, tendo como referencia principal as materias xerais do bloque de materias troncais cursadas en cuarto curso de educación secundaria obrigatoria.

probas