Participación na carreira solidaria organizada polo 'Vales' 'Corre por Betanzos 2019'

11/04/2019 11:26
Etc/GMT+1

 
carreira solidariaO vindeiro XOVES, 11 DE ABRIL DE 2019, terá lugar a “Carreira Solidaria Corre por Betanzos 2019”, que organiza o colexio CEIP Vales Villamarín coa colaboración do Concello e dos demais centros educativos de Betanzos e das unitarias de Coirós e Paderne. A carreira realizarase na pista de atletismo anexa ao campo de fútbol García Irmáns e  arredores, con fins solidarios (sen cronometraxe nin premios para os máis rápidos).

Os alimentos recaudados destinaranse a Cruz Vermella e a Cáritas.

Este ano, ademais, animamos a toda a comunidade a colaborar na iniciativa que promove un alumno do Vales Villamarín “LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA”.

O alumnado de 1º e 2º da ESO realizará a súa participación na carreira na quenda de  12.30 a 13.30 horas. A carreira terá unha duración 15 minutos. O día da carreira terán que vestir roupa e calzado axeitado (preferentemente camiseta de cor branca).     

Cada alumno/a participante recibirá un dorsal como recordo da súa participación no evento. Estos dorsais serán proporcionados polo CEIP Vales Villamarín ao resto de centros (antes da proba), e cada alumno/a o decorará ao seu gusto, levándoo posto no momento da carreira.

 

O obxectivo primordial da carreira, ademais de fomentar o deporte e o compañerismo, é a solidaridade. Por iso, cada alumno/a poderá aportar algún alimento non perecedoiro (aceite, galletas, leite, conservas…), que poderán levar ao centro en bolsas e será recollido pola Cruz Vermella e Cáritas de Betanzos.


Os alumnos deixarán os alimentos no centro e Cáritas e Cruz Vermella encargaranse de ir a recollelos. Ademais, haberá a posibilidade de que os nenos/as ou os seus familiares leven os alimentos o mesmo día á zona da carreira e os deixarán na zona habilitada para que sexan recollidos por Cáritas e Cruz Vermella.


Animamos a toda a comunidade a colaborar coa iniciativa "LUCHANDO CONTRA EL MEDULOBLASTOMA" que promove un alumno do CEIP Vales Villamarín.